SENIOR Encontro clave frente o Bueu na súa casa, se presentaba difícil dado o seu xogo que na ida xa se nos complicou. Moi igualado todo o tempo, incluso indo por debaixo 3 goles na recta final. Supemos antepoñernos e a falta de 6 segundos unha recuperación pola súa parte e contraataque situaron as tablas no marcador 37-37.
CADETE Enfrontamento directo contra o Ribadosar no que fixemos unha gran primeira parte con unha renta de 2 goles, que mantivemos un rato na segunda parte, os erros e precipitacións en ataque fixeron que se dera a volta no marcador chegando ao final do partido e perdendo por un tanto 32-33.
INFANTIL PRATA BmLinea21 Academia Pluralia (43) BmRibadosar (23) Na mañá do sábado os nosos infantís recibían o Bm Ribadosar co obxetivo de seguir coas gran sensacións co que finalizaron a semana pasada fronte o Lucense. Os nosos infantís dominaron o encontro de principio a fin; destacando a gran aportación de todos os alevíns convocados.
Enfrentamento contra un sempre complicado @balonmannaron , partido moi igualado que o final se decantou pola nosa parte 31-26. Primeira parte moi igualada e a segunda comenzou igual. Pero tras un parón no xogo reanudamos con boas defensas e ataques rápidos e conseguimos separarnos no marcador e conseguir unha victoria máis que nos sigue mantendo no liderato.
CADETE
Cp Millaven Lucense 36 – BmLinea21 Reformas Coru 30. Bo partido dos nosos cadetes no que se puideron ver tramos dunha moi boa defensa provocando erros e un ataque ordenado. A pesar disto, unha serie de erros en momentos críticos do partido fixeron que os dous puntos se quedarán en Lugo.
INFANTILOURO
BM Abegondo Noroplaza 20 – BM Linea21 Transgalo 33 A pesar das baixas e lesións os nosos rapaces sacaron a mellor cara. Nos primeros minutos as precipitacións facían que non fomos quen de irnos no marcador. No momento que nos asentamos no encontro todo comezou a funcionar, ataque defensa e Portería. Destacamos a Derek con 23 Goles en acta e a grandísima actuación de Darío na portería.
INFANTIL PLATA
Cp Millavén Lucense 35 – Bm Línea21 Academia Pluralia 31. Os nosos desprazábanse a Lugo nun partido a priori difícil debido ás baixas para o partido é que os locais só cederon 2 puntos en toda a tempada. O nosos infantiles fixeron un partido moi completo de principio a fin loitando ata o final; pero un conxunto de malas decisións nos intres finais non permitiron acadar os 2 puntos.
ALEVÍN 5
Enfrontamento contra o Oar, un rival contundente e complicado. No primeiro cuarto conseguimos empatar e, tras uns axustes en defensa conseguimos facernos cos cuartos restantes salvo co terceiro, onde o cansanzo fixo mella nos nosos rapaces.
ALEVÍN 5
Especial encontro donde as nosas guerreiras conseguiron o seu primeiro empate gañando dous cuartos e case empatando outro. Comezou a segunda volta demostrando a melloria o longo da tempada e seguimos disfrutando de estas nenas que o viven con moita paixon e os resultados xa vendran pouco a pouco.
BEMXAMÍN
Esta fin de semana tocou enfrontarnos ao segundo clasificado, sabiamos que ía ser un partido complicado polo que tomamos a decisión de por aos rapaces de maior idade no último cuarto, logrando así unha victoria neste último.
Último encontro da primeira volta frente ao Miño. Un inicio moi bo en defensa e ataques rápidos, rompemos o encontro dende o inicio. Distribuindo minutos para todos os xogadores e sen baixar o nivel durante o encontro, remantando 35-20.Finalizamos a primeira volta invictos, e a 3 puntos do 2º, o Sanxenxo . Ahora quédanos facer unha segunda volta moi boa para manter ese liderato, mantendo os pes na terra e seguir disputando os partidos con esta intensidade, xa que está igualado e temos un calendario con encontros fóra da casa complicados.
CADETES
Encontro fronte ao Bm Culleredo Remax Riazor que realizou un encontro moi serio, chegando a 2ª parte detívose o marcador pola diferencia de goles 20-50 demostrando que son os primeiros.Un resultado moi duro para os nosos, pero do que hai que sacar o que aprendemos e correxir os erros, levantar a cabeza e seguir loitando.
INFANTIL PRATA
Recibimos ao Arteixo, líder invicto da categoria. E volveu a demostrar porque o é. Moitos erros en defensa que non puidemos parar os xogadores, perdas de balón e erros no lanzamento que deu un resultado 21-51. A pesar diso non deixaron de loitar todo o encontro.
ALEVÍN 7
Partido dos nenos na categoría alevín 7 contra o Bm Abegondo Sumate onde os nosos non conseguiron a victoria. O encontro comenzou marcado por erros tanto no ataque coma na defensa o que levou os nosos nenos a perder o primeiro cuarto, no segundo cuarto os nosos xogadores sairon con mais Forza conseguido a victoria. Aún así os nosos nosos nenos non foron capaces de manter o ritmo dos rivales perdendo así os últimos dous cuartos.
ALEVÍN 5
O sábado os nosos alevíns enfrontábanse ás rapazas do Brigantium.A rapidez e a superioridade física das rapazas fixo que levaran a voz cantante no primeiro cuarto pero, tras uns axustes ofensivos, pero sobre todo defensivos, fixeron que nos quedásemos co segundo cuarto. A partires de aqui todo foi moito mais igualado e marchamos con un empate 8-8. Moi contentos ca actuación dos nosos rapaces.
BENXAMÍN
Enfrontábanse os nosos pequenos ao Horbesa Xiria, partido que comezou con todos eles moi concentrados, gracias a un gran partido de todos os nosos xogadores levamos a victoria nos catro cuartos. Noraboa e a seguir así!
Estamos moi orgullosos de anunciarvos que o noso xogador do BmLínea 21 Transgalo DerekOrtizDelgado está convocado para as próximas xornadas de tecnificación da xeración 2009-2010 da R.F.E.B.M no centro de alto rendemento en Sierra Nevada-Granada, do 19 o 26 de Febreiro da man de Jordi Ribera, seleccionador nacional absoluto e Director Técnico da Área.
Desprazamento a Coia para enfrentarnos ao Seis do Nadal.Encontro no que fomos separándonos no marcador pouco a pouco, disputando todos os xogadores minutos no encontro, e no que estiveron os 60 minutos a un bo nivel tanto de seriedade como de continuidade. Vitoria 23-40, seguimos a 2 puntos do segundo e mantendo o liderato.
CADETE
BM linea21 TRANSGALO 30 – BM Culleredo Nosolomadera 32 Derrota na última xornada da primeira volta. O mal inicio do encontro lastrou todo o descurrir deste. Despois de sacar 4 goles ao inicio non fomos quen de recortar esa distancia ata o final.
INFANTIL ORO
BM Culleredo Galaico caravaning 41 – BM Linea21 Reformas Coruña 30 Os cadetes sufriron unha derrota ante un Culleredo moi superior. Aínda así os rapaces foron quen de non deixar de loitar e acadaron un bo resultado na segunda parte, perdendo solo de 1 a segunda parte.
INFANTIL PRATA
BM Culleredo Óptica Gallaecia 39 – BM Linea21 academia pluralia 35 Derrota por 4 goles na xornada de Liga Prata. Os nosos rapaces non lle perderon a cara ao encontro, a pesar da Baixa de Aitor no min 5, loitaron cada balón do partido.