FINAL TEMPORADA 23/24

Poñemos fin a unha tempada de moitos logros. O equipo senior logrando o ansiado ascenso, e campións de copa. Un equipo cadete que ante as dificultades conseguiron acabar xogando moito mellor e acabando a un gran nivel. O equipo infantil ouro clasificándose para a final four donde non se puido pasar o campionato de España,pero fixeron unha tempada moi boa ao igual que os infantiles prata que obtiveron resultados que nin eles esperaban e axudando ao equipo cadete ambos en moitos partidos. O equipo alevín 7 realizou moi bos encontros sendo moitos a primeira vez que xogaban a todo campo e mellorando notablemente. Ao igual que alevín 5 loitando todos os encontros, e para o ano terán ese cambio a todo campo.O equipo Benxamín empezaron con poucos nenos e acabaron xuntando a 12 para a disputa dos encontros, gañando moitos deles, e con rapaces que acababan de comezar. E as nosas nenas alevíns, as guerreiras que formaron o primeiro equipo feminino, e que de seguro nos van dar moitos éxitos ao longo da súa carreira no clube. Un clube que segue medrando en número de fichas, número de nen@s nos colexios, e esperemos seguir facendoo aumentando esta familia que cada vez é máis grande.
Gracias a todos os patrocinadores que colaboran para que esto siga sendo posible, e a esa xente que na sombra axuda a que o club e siga funcionando, dende os adestradores (Pablo,Laura, Zas,Alex,Abel e Toño) pasando por Ricardo como fotógrafo que inmortaliza cada momento de todos os nenos, Maria coas RRSS , Eva,Elisa, Roberto ao igual que algunha nai ou pai que sempre nos votan unha man en todo momento, e como non gracias tamén ao noso querido presidente Alberto.
Vémonos na seguinte tempada que virá cargada de moitas mellorías e éxitos para o clube!

CAMPEÓNS 2ª AUTONÓMICA
2023/24

O equipo Linea21 Lignum Plus proclámase campión da 2ª Autonómica Masculina; polo tanto acada a praza de ascenso directo a 1ª Autonómica para a tempada 24/25.

O cadro coruñés venceu no día de hoxe ao Liron Bm Moaña por un contundente 37-18, provocando a ledicia no Pavillón de Novo Mesoiro.

CONVOCATORIA

Estamos moi orgullosos de anunciarvos que o noso xogador do BmLínea 21 Transgalo Derek Ortiz Delgado está convocado para as próximas xornadas de tecnificación da xeración 2009-2010 da R.F.E.B.M no centro de alto rendemento en Sierra Nevada-Granada, do 19 o 26 de Febreiro da man de Jordi Ribera, seleccionador nacional absoluto e Director Técnico da Área.

CESA 2024

Derek Ortiz, integrante do noso equipo infantil de liga ouro, representará a Galicia no próximo Campionato de España de seleccións autonómicas que se disputará do 2 ao 7 de Xaneiro en Cataluña ❕

Dende toda a familia do BMLínea21 lle desexamos a maior das sortes tanto a el coma ao resto de convocados galegos.