En cumprimento do deber de información recollido no artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico, a continuación reflíctense os datos identificativos da entidade titular deste sitio web:
Denominación social: Club Balonmano Línea 21
CIF/NIF: G70521539
Domicilio social: Avd Novo Mesoiro 9, 15190, A Coruña
Correo electrónico: info@bmlinea21.es
Teléfono de contacto: 613049121
Nº Rexistro de Entidades Deportivas: C-12901
Este sitio web ten como finalidade informar sobre a actividade do Club Balonmán Línea 21, así como facilitar a comunicación cos seus socios/as e co público en xeral.
O acceso e/ou uso deste portal atribúe a condición de usuario/a, quen acepta, dende dito acceso e/ou uso, as condicións xerais de uso aquí reflectidas. O usuario/a comprométese a facer un uso axeitado dos contidos e servizos que o Club ofrece a través do seu portal e a non empregalos para incorrer en actividades ilícitas ou contrarias á boa fe e ao ordenamento legal.
Todos os contidos do sitio web —incluíndo, a título enunciativo pero non limitativo, textos, fotografías, gráficos, imaxes, iconas, tecnoloxía, software, deseño gráfico e código fonte— son propiedade do Club ou de terceiros que autorizaron o seu uso, sen que poida entenderse cedido ao usuario/a ningún dereito de explotación sobre eles máis alá do estritamente necesario para o correcto uso da web.
Queda prohibida a reprodución, distribución ou transformación destes contidos sen autorización expresa do Club, salvo nos casos en que a lei o permita ou resulte necesario para os fins informativos e divulgativos propios do sitio web.
O Club non se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puidesen ocasionar erros ou omisións nos contidos, a falta de dispoñibilidade do portal, ou a transmisión de virus ou programas maliciosos nos contidos, malia ter adoptado todas as medidas tecnolóxicas razoables para evitalo.
O tratamento dos datos persoais recollidos a través deste sitio web réxese pola nosa Política de Privacidade, elaborada de conformidade co Regulamento (UE) 2016/679 (RXPD) e coa Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para o seu correcto funcionamento e para mellorar a experiencia do usuario/a. Para máis información sobre as cookies utilizadas, a súa finalidade e como xestionar as súas preferencias, consulte a nosa Política de Cookies.
No caso de que este sitio web inclúa ligazóns ou hipervínculos cara a outros sitios de internet, o Club non exercerá control ningún sobre eses sitios nin sobre os seus contidos, e non asumirá responsabilidade algunha polos mesmos.
A relación entre o Club e o usuario/a rexerase pola normativa española vixente. Calquera controversia que puidese xurdir en relación co presente sitio web someterase aos Xulgados e Tribunais da cidade da Coruña, salvo que a lei aplicable dispoña outra cousa..
Para calquera consulta ou contacto co Club, os usuarios/as poderán dirixirse a:
Correo electrónico: info@bmlinea21.es
Teléfono: 613 049 121
Enderezo postal: Avd Novo Mesoiro 9, 15190, A Coruña
Última actualización: agosto 2026