SENIOR
Enfrentamento contra un sempre complicado @balonmannaron , partido moi igualado que o final se decantou pola nosa parte 31-26. Primeira parte moi igualada e a segunda comenzou igual. Pero tras un parón no xogo reanudamos con boas defensas e ataques rápidos e conseguimos separarnos no marcador e conseguir unha victoria máis que nos sigue mantendo no liderato.
CADETE
Cp Millaven Lucense 36 – BmLinea21 Reformas Coru 30. Bo partido dos nosos cadetes no que se puideron ver tramos dunha moi boa defensa provocando erros e un ataque ordenado. A pesar disto, unha serie de erros en momentos críticos do partido fixeron que os dous puntos se quedarán en Lugo.
INFANTIL OURO
BM Abegondo Noroplaza 20 – BM Linea21 Transgalo 33 A pesar das baixas e lesións os nosos rapaces sacaron a mellor cara.
Nos primeros minutos as precipitacións facían que non fomos quen de irnos no marcador. No momento que nos asentamos no encontro todo comezou a funcionar, ataque defensa e Portería.
Destacamos a Derek con 23 Goles en acta e a grandísima actuación de Darío na portería.
INFANTIL PLATA
Cp Millavén Lucense 35 – Bm Línea21 Academia Pluralia 31. Os nosos desprazábanse a Lugo nun partido a priori difícil debido ás baixas para o partido é que os locais só cederon 2 puntos en toda a tempada. O nosos infantiles fixeron un partido moi completo de principio a fin loitando ata o final; pero un conxunto de malas decisións nos intres finais non permitiron acadar os 2 puntos.
ALEVÍN 5
Enfrontamento contra o Oar, un rival contundente e complicado. No primeiro cuarto conseguimos empatar e, tras uns axustes en defensa conseguimos facernos cos cuartos restantes salvo co terceiro, onde o cansanzo fixo mella nos nosos rapaces.
ALEVÍN 5
Especial encontro donde as nosas guerreiras conseguiron o seu primeiro empate gañando dous cuartos e case empatando outro. Comezou a segunda volta demostrando a melloria o longo da tempada e seguimos disfrutando de estas nenas que o viven con moita paixon e os resultados xa vendran pouco a pouco.
BEMXAMÍN
Esta fin de semana tocou enfrontarnos ao segundo clasificado, sabiamos que ía ser un partido complicado polo que tomamos a decisión de por aos rapaces de maior idade no último cuarto, logrando así unha victoria neste último.