CRÓNICAS XORNADA 10/2


SENIOR
Encontro clave frente o Bueu na súa casa, se presentaba difícil dado o seu xogo que na ida xa se nos complicou. Moi igualado todo o tempo, incluso indo por debaixo 3 goles na recta final. Supemos antepoñernos e a falta de 6 segundos unha recuperación pola súa parte e contraataque situaron as tablas no marcador 37-37.


CADETE
Enfrontamento directo contra o Ribadosar no que fixemos unha gran primeira parte con unha renta de 2 goles, que mantivemos un rato na segunda parte, os erros e precipitacións en ataque fixeron que se dera a volta no marcador chegando ao final do partido e perdendo por un tanto 32-33.

INFANTIL PRATA
BmLinea21 Academia Pluralia (43) BmRibadosar (23)
Na mañá do sábado os nosos infantís recibían o Bm Ribadosar co obxetivo de seguir coas gran sensacións co que finalizaron a semana pasada fronte o Lucense. Os nosos infantís dominaron o encontro de principio a fin; destacando a gran aportación de todos os alevíns convocados.