CRÓNICAS XORNADA 20/21 XANEIRO

SENIOR

Desprazamento a Coia para enfrentarnos ao Seis do Nadal.Encontro no que fomos separándonos no marcador pouco a pouco, disputando todos os xogadores minutos no encontro, e no que estiveron os 60 minutos a un bo nivel tanto de seriedade como de continuidade. Vitoria 23-40, seguimos a 2 puntos do segundo e mantendo o liderato.

CADETE

BM linea21 TRANSGALO 30 – BM Culleredo Nosolomadera 32
Derrota na última xornada da primeira volta. O mal inicio do encontro lastrou todo o descurrir deste. Despois de sacar 4 goles ao inicio non fomos quen de recortar esa distancia ata o final.

INFANTIL ORO

BM Culleredo Galaico caravaning 41 – BM Linea21 Reformas Coruña 30
Os cadetes sufriron unha derrota ante un Culleredo moi superior. Aínda así os rapaces foron quen de non deixar de loitar e acadaron un bo resultado na segunda parte, perdendo solo de 1 a segunda parte.

INFANTIL PRATA

BM Culleredo Óptica Gallaecia 39 – BM Linea21 academia pluralia 35
Derrota por 4 goles na xornada de Liga Prata. Os nosos rapaces non lle perderon a cara ao encontro, a pesar da Baixa de Aitor no min 5, loitaron cada balón do partido.