CRÓNICAS XORNADA 27/28 XANEIRO

SENIOR

Último encontro da primeira volta frente ao Miño. Un inicio moi bo en defensa e ataques rápidos, rompemos o encontro dende o inicio. Distribuindo minutos para todos os xogadores e sen baixar o nivel durante o encontro, remantando 35-20.Finalizamos a primeira volta invictos, e a 3 puntos do 2º, o Sanxenxo . Ahora quédanos facer unha segunda volta moi boa para manter ese liderato, mantendo os pes na terra e seguir disputando os partidos con esta intensidade, xa que está igualado e temos un calendario con encontros fóra da casa complicados.

CADETES


Encontro fronte ao Bm Culleredo Remax Riazor que realizou un encontro moi serio, chegando a 2ª parte detívose o marcador pola diferencia de goles 20-50 demostrando que son os primeiros.Un resultado moi duro para os nosos, pero do que hai que sacar o que aprendemos e correxir os erros, levantar a cabeza e seguir loitando.

INFANTIL PRATA


Recibimos ao Arteixo, líder invicto da categoria. E volveu a demostrar porque o é. Moitos erros en defensa que non puidemos parar os xogadores, perdas de balón e erros no lanzamento que deu un resultado 21-51. A pesar diso non deixaron de loitar todo o encontro.

ALEVÍN 7


Partido dos nenos na categoría alevín 7 contra o Bm Abegondo Sumate onde os nosos non conseguiron a victoria. O encontro comenzou marcado por erros tanto no ataque coma na defensa o que levou os nosos nenos a perder o primeiro cuarto, no segundo cuarto os nosos xogadores sairon con mais Forza conseguido a victoria. Aún así os nosos nosos nenos non foron capaces de manter o ritmo dos rivales perdendo así os últimos dous cuartos.


ALEVÍN 5


O sábado os nosos alevíns enfrontábanse ás rapazas do Brigantium.A rapidez e a superioridade física das rapazas fixo que levaran a voz cantante no primeiro cuarto pero, tras uns axustes ofensivos, pero sobre todo defensivos, fixeron que nos quedásemos co segundo cuarto.
A partires de aqui todo foi moito mais igualado e marchamos con un empate 8-8. Moi contentos ca actuación dos nosos rapaces.


BENXAMÍN


Enfrontábanse os nosos pequenos ao Horbesa Xiria, partido que comezou con todos eles moi concentrados, gracias a un gran partido de todos os nosos xogadores levamos a victoria nos catro cuartos. Noraboa e a seguir así!