Dous puntos máis que suman os senior. A pesar de levar durante todo o encontro unha cómoda ventaxa, nos últimos minutos os erros e fallos deron opción de acercarse no marcador nos últimos intres. O equipo notou a veteranía e experiencia de Toño que non asistiu ao encontro por motivos persoais. Asimismo destacamos o gran encontro de Pedro, levando o peso do xogo e a brillante actuación do xuvenil Alex. Agora a recobrar forzas para o próximo encontro.
O ACADEMIA PLURALIA BM LÍNEA 21 afrontaba o sábado un difícil encontro na súa visita ao CP LUCENSE. Dende o comezo do encontro o conxunto local amosouse superior debido a súa superioridade física e un gran movemento de balón. Na segunda parte o conxunto coruñés propúxose cambiar o partido e parecía que o iba conseguir pero debido a numerosas exclusións e algunha decisión arbitral fixo que o Lucense se marchara tamén no parcial da segunda metade. Con todo isto destacar o esforzo feito polos xogadores do Academia Pluralia Línea 21 a pesares do marcador.
Terceira xornada de liga, desprazámonos ata Santa Comba para enfrontarnos ao BM Xallas. Encontro sen moitas complicacións, no que todos disputaron minutos. Destacamos o debut de 3 xuvenís os cales fixeron unha actuación destacable. Para a semana recibimos ao BM Miño na casa.
Saída moi complicada ante o CLUB BALONMÁN APARTAMENTOS TURISVIVEIRO que segue sendo o lider da clasificación. Derrota 27-21 no que empezamos o partido con erros pero que se solucionaron rápido e conseguimos remontar a diferencia de 4 goles a partir da defensa. Conseguimos recuperar moitos balòns e subir o balón rápido para chegar atacando e metendo gol. En ataque posicional xogouse moi ben, moi fluido e movendo o balón para encontrar situaciòns claras de lanzamento. Acabamos empatados o descanso 15-15 pero na segunda parte foi todo o contrario, volvimos a cometer moitos erros de pases, e errores moi forzados que seguen sendo o noso problema. O que aproveitaron para realizar contrataques e se foron no marcador. Sò nos queda seguir loitando e aprender os erros e ver que podemos xogar moi ben e aportando todos. Para a semana descansamos e a preparar o seguinte partido.
Primeiro partido e primeira victoria da ACADEMIA PLURALIA BM LÍNEA 21 fronte ao OAR CORUÑA 1952. Emocionante encontro o vivido o sábado entre ambos equipos coruñeses. O comezo do partido estivo marcado polos nervios polo comezo da competición e as primeras diferencias foron ao favor do equipo local debido a unha maior intensidade defensiva e unha maior fluidez na movilidade de balón ; con todo isto chegouse ao descanso cun resultado 11-8. No comezo da segunda parte o equipo visitante púxose por diante debido a unha maior eficacia no lanzamento e a unha mellor toma de decisións ; a partir dese momento as ventaxas foron mínimas para o equipo local destacando a gran actuación de ambos porteiros chegando a un resultado final de 19-18. Para a vindeira semana o equipo infantil visita ao Club Polideportivo Lucense no que se espera que siga a mellora de xogo .
Visita complicada do Naròn o pasado sábado, os xogadores loitaron o partido ata o final pero as pérdidas de balón e os erros non forzados fixeron que non conseguiramos poñernos por diante. Fomos ao descanso perdendo de 4 e foi a dinámica toda a segunda parte, conseguimos remontar a metade de cuarto pero novamente os erros continuos fixeron que se foran ata o resultado final de 23-26. Unhas veces se gana e outras se aprende, esperemos que se aprendera de estos erros.
Este sábado recibíamos os nosos veciños de Arteixo, nesta segunda xornada de liga.
O equipo viña ca espiña cravada dos erros da fin de semana anterior e tiña moitas ganas de facer un bo encontro. Destacamos a intensidade defensiva da primeira parte, a gran aportación da portería nos minutos de dúbidas, así como a veteranía aportada por Toño nos minutos complicados de encontro. Todos os xogadores disputaron minutos e aportaron nas súas facetas.
Seguimos traballando partido a partido para lograr os obxectivos do clube.