SENIORS BM Línea21 Lignum plus 34 – Arteixo balonmán 20

Este sábado recibíamos os nosos veciños de Arteixo, nesta segunda xornada de liga.

O equipo viña ca espiña cravada dos erros da fin de semana anterior e tiña moitas ganas de facer un bo encontro.
Destacamos a intensidade defensiva da primeira parte, a gran aportación da portería nos minutos de dúbidas, así como a veteranía aportada por Toño nos minutos complicados de encontro.
Todos os xogadores disputaron minutos e aportaron nas súas facetas.

Seguimos traballando partido a partido para lograr os obxectivos do clube.

Agora a pensar xa na seguinte xornada!

#linea21 #somosl21 #novomesoiro