INFANTÍS CP Lucense 30-14 Academia Pluralia BM Línea21

O ACADEMIA PLURALIA BM LÍNEA 21 afrontaba o sábado un difícil encontro na súa visita ao CP LUCENSE. Dende o comezo do encontro o conxunto local amosouse superior debido a súa superioridade física e un gran movemento de balón. Na segunda parte o conxunto coruñés propúxose cambiar o partido e parecía que o iba conseguir pero debido a numerosas exclusións e algunha decisión arbitral fixo que o Lucense se marchara tamén no parcial da segunda metade.
Con todo isto destacar o esforzo feito polos xogadores do Academia Pluralia Línea 21 a pesares do marcador.

#linea21#somosl21#novomesoiro