Primeiro partido e primeira victoria da ACADEMIA PLURALIA BM LÍNEA 21 fronte ao OAR CORUÑA 1952.
Emocionante encontro o vivido o sábado entre ambos equipos coruñeses. O comezo do partido estivo marcado polos nervios polo comezo da competición e as primeras diferencias foron ao favor do equipo local debido a unha maior intensidade defensiva e unha maior fluidez na movilidade de balón ; con todo isto chegouse ao descanso cun resultado 11-8.
No comezo da segunda parte o equipo visitante púxose por diante debido a unha maior eficacia no lanzamento e a unha mellor toma de decisións ; a partir dese momento as ventaxas foron mínimas para o equipo local destacando a gran actuación de ambos porteiros chegando a un resultado final de 19-18.
Para a vindeira semana o equipo infantil visita ao Club Polideportivo Lucense no que se espera que siga a mellora de xogo .