Esta semana os nosos pequenos enfrontábanse a unha xornada na casa na que se enfrontaban a dous partidos.
O primeiro enfrontábanos cas rapazas do Brigantium Nunegal, onde os nosos rapaces deron a cara amosando a dureza do equipo. Non obstante, o cansancio fixo mella en nós e foi algo que o outro equipo aproveitou, empatando no terceiro cuarto e gañándonos no último. Este encontro remata con un 9-7 para os nosos que lles supo a gloria.
O segundo encontro enfrontábanos co Bm Culleredo Mármoles Rajú, onde sumamos a incorporación de varios xogadores e onde os nosos deron a cara e loitaron como saben. O esforzo fixo que os pequenos remataran con un 10-6 e, con isto, o remate dunha moi boa xornada.
xornada de Balonmán co Línea21
SENIOR Arteixo balonmán 26 BM Linea 21 Lignum Plus 38
Volta a competición despois do parón navideño.
A pesar de ter baixas importantes o equipo fixo a mellor primeira parte de toda a tempada, ofrecendo diversas soluciòns en ataque e facendo unha gran defensa. Esto unido propiciou que se chegara o descanso con unha ventaxa de 15 goles. Na segunda parte a relaxación por parte dos nosos e as ganas de seguir loitando do Arteixo fixo que a imaxe fora diferente.
Importantes 2 puntos, para seguir loitando polo liderazgo do grupo.
ALEVÍN BM 7 BM Abegondo Súmate 8 – BM Linea 21 Restaurante Cho 8
Gran encontro realizado polos alevíns ante un dos mellores equipos do grupo.
Os 2 primeiros cuartos unha boa defensa na que se impedía que os rápidos xogadores locais foran quen de chegar á nosa portería, un ataque fluido , onde todos os nenos participaron e aportaron para conseguir gañar estes 2 cuartos pola mínima diferencia. No segundo e terceiro cuarto, o cansancio do inicio empezou a facer mella e comezamos a ter erros defensivos así como pases pouco eficientes.
O máis importante de todo é o gran esforzo que fixeron todos os que viñeron a xogar, loitaron e non deron un balón por perdido.
BENXAMÍNS
Visita do equipo benxamin ao Liceo que rematou con victoria do equipo local, 12-4
O parón navideño tivo consecuencias negativas no xogo dos máis pequenos. A falta de continuidade na competición e os poucos adestramentos de preparación para o partido desta fin de semana tiveron como resultado unha inferioridade moi grande no xogo do equipo. Moitos erros que xa se creía estaban correxidos volveron a aparecer.
Toca volver a poñerse mans á obra e seguir aprendendo e desfrutando do balonmán.