senior BM linea 21 Lignum Plus 32 – Balonmán Loriga 29



Este sábado ás 18:30 recibíamos ao Loriga no primeiro encontro da segunda volta. Despois do mal sabor de boca que nos quedou no primeiro encontro o equipo estaba moi mentalizado en conseguir estes 2 puntos que nos distanciaba do Loriga.
O encontro foi moi duro nos primeiros intres, a boa defensa visitante facía moi difícil acadar portería, e a pasividade nosa tiña como resultado que o loriga se puxera por diante nos primeiros minutos fo encontro.
Despois duns axustes defensivos, a cousa cambiou, o traballo de disuasión dificultaba moito os ataques visitantes e provocaba contraataques en primeira oleada.
Aínda así o encontro estivo sempre moi igualado, e foi na segunda parte cas numerosas exclusións do Loriga que acadamos a ventaxa suficiente para levar estes 2 ansiados puntos.
No encontro temos varias cousas a destacar, en primeiro lugar o gran encontro realizado por Alex Puñal, a volta ás pistas de Juan despois da lesión da tempada pasada e o debut de Mateo Díaz , xogador saído lo Colexio Liceo La paz.

#linea21#somosl21#novomesoiro