ALEVÍN BM 7 BM Abegondo Súmate 8 – BM Linea 21 Restaurante Cho 8

Gran encontro realizado polos alevíns ante un dos mellores equipos do grupo.
Os 2 primeiros cuartos unha boa defensa na que se impedía que os rápidos xogadores locais foran quen de chegar á nosa portería, un ataque fluido , onde todos os nenos participaron e aportaron para conseguir gañar estes 2 cuartos pola mínima diferencia. No segundo e terceiro cuarto, o cansancio do inicio empezou a facer mella e comezamos a ter erros defensivos así como pases pouco eficientes.
O máis importante de todo é o gran esforzo que fixeron todos os que viñeron a xogar, loitaron e non deron un balón por perdido.

#linea21#somosl21#novomesoiro