Este sábado os alevíns 5 enfrontáronse ao Pontedeume nun partido moi intenso no que os rapaces deron o mellor deles. Aínda que non foron capaces de alcanzar a victoria os rapaces esforzáronse e demostraron o moito que melloraron.
Na tarde de onte os senior recibían ao segundo clasificado, en xogo 2 puntos e o liderazgo do grupo.
Con todo eso presente en cada un dos compoñentes do equipo, os rapaces do senior foron quen de facer o mellor encontro da tempada, a intensidade montada de principio a fin sobre todo na inmensa defensa comandada por Dacio e Zas facían imposible que os ataques do Narón foran sinxelos, a solidaridad de todos os que participaron nesta fase do xogo axudaba a que Diego en portería fixera un gran encontro.
No ataque a pesar de ter só 3 primeiras liñas, a madurez demostrada nas diferentes situacións complicaba que o equipo visitante parara o xogo local.
No día de onte temos varios aspectos a destacar. O gran encontro realizado por Eloy, a gran afluencia de xente do club para animar aos seus e sobre todo o grupo de xogadores senior que afrontan esto como unha familia.
Na mañá do sábado o noso equipo infantil visitaba Ferrol para enfrontarse ao Tirso de Molina. Durante todo o encontro o noso equipo non foi capaz de mostrar o seu xogo habitual debido a que non soupo establecer o seu ritmo propio de xogo e adaptouse a un ritmo do conxunto local moi lento do que non foi capaz de cambiar en case ningunha fase do encontro ; con todo isto destacar o gran esforzo de todo o equipo para conseguir estes dous puntos tras un resultado de 19-24. Con todo isto o Academia Pluralia Bm Linea 21 finaliza esta primeira fase da liga nunha meritoria cuarta posición nunha liga moi igualada a tan só dous puntos dos primeiros postos. Na vindeira semana comeza a segunda fase na que aos nosos infantís lles tocará viaxar máis e afrontarana coa máxima ilusión posible de seguir aprendendo e mostrar o resultados dos adestramentos.
Os nosos pequenos enfrontábanse contra o Culleredo nunha saída, a priori intensa. Os rapaces sairon moi espabilados no primeiro cuarto pero o exceso de confianza no segundo e terceiro fixeron que os nosos rivais fosen quen de aproveitar a ocasión. Despois duns axustes defensivos, os nosos rapaces loitaron como saben rematando o partido con un parcial 8-8. Queda traballo por realizar, aínda que debemos recoñecer o avance e traballo dos nosos xogadores.
Club balonmán Miño 23- BM linea 21 Lignum Plus 28 Saída complicada ateigada de baixas nos senior. 12 xogadores dos cales só 3 primeiras liñas afrontaron o difícil encontro en terras ourensás. A pesar das circunstancias, o equipo foi quen de dar o mellor de si na faceta defensiva , poñendo en complicacións os ataques locais. Esta boa defensa propiciou grandes accións de contraataque acompañadas sempre polo bo partido de Diego en portería. 2 puntos que nos achegan un pouco máis a seguinte fase. Esta semana recibiremos ao Narón co liderazgo do grupo en xogo. Desexamos ofrecer un gran espectáculo ante a nosa afición.
Reneymar Xiria Fem B 6- BM linea 21 Restaurante Cho 10 Bo encontro dos alevíns na saída a Carballo. Moita intensidade defensiva e boas combinacións en ataque dificultaban moito o bo facer das rapazas carballesas. Despois da Victoria nos 3 primeiros cuartos, os rapaces saíron moi confiados chegando empatados o último segundo. Un grandísimo gol de golpe franco directo facía que ese cuarto caerá no casilleiro local. Noraboa aos 2 equipos polo bo encontro.
Academia Pluralia Bm. Línea 21 (40) Bm Abegondo Todo Deporte (14). O domingo o mediodía o noso equipo infantil recibía ao Balonmán Abegondo co obxetivo de seguir coas grans sensacións da semana anterior tras vencer ao Liceo. O partido comezou cun gran parcial para o noso equipo a través dunha gran defensa e un xogo en ataque bastante fluído por momentos o que facía lanzar aos nosos xogadores dende 6 metros en posicións inmellorables de lanzamiento ; chegando ao descanso cun resultado de 21-7. Na segunda o equipo local saliu cun exceso de relaxación o que permitiu ao Bm Abegondo meter 6 goles en apenas 9 minutos da segunda parte . Tras un tempo morto os nosos rapaces deron un plus de intensidade defensiva dando lugar a que os xogadores visitantes tiraran desde posicións forzadas facendo máis sinxela o gran nivel que mostrou a portería local ; só recibindo 1 gol no resto do encontro. Con isto chegouse a un marcador final de 40-14 . A vindeira semana o Bm Línea 21 visita ao Tirso de Molina na última xornada de liga da primeira fase co obxetivo de seguir nesta dinámica e finalizar nos postos nobles da clasificación.