CRÓNICA INFANTIL

Academia Pluralia Bm. Línea 21 (40) Bm Abegondo Todo Deporte (14).
O domingo o mediodía o noso equipo infantil recibía ao Balonmán Abegondo co obxetivo de seguir coas grans sensacións da semana anterior tras vencer ao Liceo. O partido comezou cun gran parcial para o noso equipo a través dunha gran defensa e un xogo en ataque bastante fluído por momentos o que facía lanzar aos nosos xogadores dende 6 metros en posicións inmellorables de lanzamiento ; chegando ao descanso cun resultado de 21-7. Na segunda o equipo local saliu cun exceso de relaxación o que permitiu ao Bm Abegondo meter 6 goles en apenas 9 minutos da segunda parte . Tras un tempo morto os nosos rapaces deron un plus de intensidade defensiva dando lugar a que os xogadores visitantes tiraran desde posicións forzadas facendo máis sinxela o gran nivel que mostrou a portería local ; só recibindo 1 gol no resto do encontro. Con isto chegouse a un marcador final de 40-14 . A vindeira semana o Bm Línea 21 visita ao Tirso de Molina na última xornada de liga da primeira fase co obxetivo de seguir nesta dinámica e finalizar nos postos nobles da clasificación.

#linea21#somosl21#novomesoiro