CRÓNICA BENXAMÍN

Esta semana os nosos pequenos enfrontábanse a unha xornada na casa na que se enfrontaban a dous partidos.
O primeiro enfrontábanos cas rapazas do Brigantium Nunegal, onde os nosos rapaces deron a cara amosando a dureza do equipo. Non obstante, o cansancio fixo mella en nós e foi algo que o outro equipo aproveitou, empatando no terceiro cuarto e gañándonos no último. Este encontro remata con un 9-7 para os nosos que lles supo a gloria.
O segundo encontro enfrontábanos co Bm Culleredo Mármoles Rajú, onde sumamos a incorporación de varios xogadores e onde os nosos deron a cara e loitaron como saben. O esforzo fixo que os pequenos remataran con un 10-6 e, con isto, o remate dunha moi boa xornada.

#linea21#somosl21#novomesoiro