CRÓNICA INFANTIL 4/5 FEBREIRO

Na mañá do sábado o noso equipo infantil visitaba Ferrol para enfrontarse ao Tirso de Molina. Durante todo o encontro o noso equipo non foi capaz de mostrar o seu xogo habitual debido a que non soupo establecer o seu ritmo propio de xogo e adaptouse a un ritmo do conxunto local moi lento do que non foi capaz de cambiar en case ningunha fase do encontro ; con todo isto destacar o gran esforzo de todo o equipo para conseguir estes dous puntos tras un resultado de 19-24.
Con todo isto o Academia Pluralia Bm Linea 21 finaliza esta primeira fase da liga nunha meritoria cuarta posición nunha liga moi igualada a tan só dous puntos dos primeiros postos.
Na vindeira semana comeza a segunda fase na que aos nosos infantís lles tocará viaxar máis e afrontarana coa máxima ilusión posible de seguir aprendendo e mostrar o resultados dos adestramentos.

#linea21#somosl21#novomesoiro