SENIOR
![](https://bmlinea21.es/wp-content/uploads/2024/03/screenshot_20240306-2357357764801501474640442-300x166.png)
Enfrontamento co Xiria B. No partido de ida xa no lo puxeron difícil e este non foi menos, igualado todo o encontro e a pesar de irnos de 5 na segunda parte e manter esa distancia, nos intres finais conseguiron recortar e poñerse a 1 finalizando o encontro 33-32. Seguimos na loita por manter o liderato.
ALEVÍN 7
![](https://bmlinea21.es/wp-content/uploads/2024/03/screenshot_20240306-2356458778831232167785776-300x169.png)
Partido contra o Colegio Liceo La Paz Verde que comenzou cos nosos xogadores saíndo con unha boa intensidade conseguindo desa forma gañar o primeiro e o segundo cuarto, sen embargo os erros cometidos tanto no ataque coma na defensa propiciaron que se perderan o terceiro e o cuarto cuarto resultando o encontro nun empate.
ALEVÍN 5
![](https://bmlinea21.es/wp-content/uploads/2024/03/screenshot_20240306-235536719766426720080017-300x164.png)
Partidazo o das nosas guerreiras fronte ao Oar Loitaron cada cuarto como nunca, a pesar do resultado ( un empate no último cuarto), a melloría segue sendo moi boa. Noraboa polo esforzo e o traballo.
ALEVÍN 5
![](https://bmlinea21.es/wp-content/uploads/2024/03/screenshot_20240306-2354375647776130415931779-300x170.png)
Os Alevíns do línea 21 enfrontáronse a o Xiria, a pesares das baixas do noso equipo, ca axuda dos benxamíns foron quen de acabar a victoria gañando dous cuartos empatando un e perdendo outro. A seguir entrenando!
BENXAMÍN
![](https://bmlinea21.es/wp-content/uploads/2024/03/screenshot_20240306-2354128888386552991438364-300x169.png)
Enfrontábanse os nosos benxamíns ao OAR, partido que se presentaba dende un principio complicado. Comezaron o partido igualados mais certos erros fixo que o OAR levase a victoria nos tres cuartos. Mais, como os nosos nunca se rinden, foi o último cuarto no que conseguimos empatar. Toca seguir mellorando para que cada vez se cometan menos erros.