CRÓNICAS XORNADA PARTIDOS 21-24-25/2


SENIOR

Nos enfrentábamos o Lucense, partido que iniciou igualado toda a 1ª parte gañando de 3 no descanso,Iniciamos fortes a 2ªparte en defensa recuperando balóns e contras rápidas, despegándonos no marcador e conseguindo a vitoria 23-37 e seguindo na loita polo ascenso.


CADETE

Partido frente Bm Rodeiro Faro que iniciamos con moitos erros e indo ao descanso 5 abaixo, conseguimos remontar e estar 2 arriba, pero novamente os erros no final do partido decantaron a vitoria pola mínima do equipo visitante 37-38. Agora iniciamos a seguinte liga.


INFANTIL PRATA

Garaysa Xiria C 23 – Bm Linea21 Academia Pluralia 35. Último partido da 1 fase para os nosos infantís de primer ano no que se amosaron superiores ó conxunto local durante a maior parte do encontro conseguindo a victoria. Con estos dous puntos finalizan nunha cuarta posición esta primeira fase. Na segunda fase visitarán ao Balonmán Sanxenxo e o Balonmán Porriño; e recibirán a domicilio ao Divino Rei Ribeiro e ao Balonmán Narón.


ALEVÍN 7

Difícil partido co que se encontraron os nosos xogadores na categoría alevín 7,contra o Bm Abegondo Sumate, onde non conseguiron a vitoria. O encontro estivo marcado por erros tanto no ataque coma na defensa. Debemos seguir traballando para prepararnos para o próximo encontro.

ALEVÍN 5

Bm Linea 21 Restaurante Cho – Ceip Bm Línea 21
Este pasado mércores o noso equipo alevín 5 masculino enfrentouse ás rapazas do equipo. Aínda que o resultado foi un 12-4 para os rapaces, as nosas adversarias foron un rival duro, progresando en canto a dificultade para superalas a medida que avanzou o encontro. Tanto un equipo coma o outro evoluciona a grandes pasos, pero queda seguir traballando para mellorar moito máis.
As rapazas empezaron concentradas o partido, máis algúns saques de portería precipitados fixeron que eles marcasen gol. No último cuarto estiveron a punto de empatar, pero foi un último tiro das nosas o que aproveitaron os rapaces para marcar gol e gañar.
Noraboa a tod@s por este gran encontro!

BENXAMÍN

Despois dun parón de duas semanas o noso equipo Benjamín enfrontouse as rapazas do Grabados Calvo Arteixo. O línea tivo moitos erros na portería pero a pesares de iso fomos capaces de levarnos a victoria en 3 cuartos. Nótase a milloría dos prebenxamins do equipo!