CRÓNICAS PARTIDOS 9-10/3


SENIOR

Saída complicada a Tui, nun partido clave para o noso obxectivo do ascenso. Iniciamos con unha ventaxa de 1-10 no marcador que o Tui consigueu recortar antes do descanso. Á volta tivemos unha saída mala e conseguiron empatar no marcador, tras un tempo morto e axustes conseguimos irnos de 4 acadar a vitoria 32-34 e seguir mantendo os 4 puntos de distancia co Sanxenxo.

CADETE

Bm Linea21 Reformas Coruña SL 2021 (40)-Bm Arousa (10).Primeiro partido da segunda fase para os nosos cadetes no que se mostraron moi superiores ao conxunto visitante. Gran aportación de todo o equipo durante todo o encontro.


CADETE

Partido contra Sanxenxo, vitoria 8-38 no que se cerrou o marcador no 2º tempo, un partido bo no que todos conseguiron meter goles, xogar minutos e entrenar o ataque e defensas para seguir mellorando


INFANTIL OURO

Balonmano Linea 21 Transgalo 30 – Iberconsa Reconquista Vigo 29
Noso equipo de liga OURO entra na recta final da liga e este fin de semana enfrentóuse o Reconquista, equipo que na primeira volta logra empatar no último segundo. Despois dos últimos partidos, nos cales nosos xogadores levaban unha traxectoria ascendente, presuponía se un partido cómodo, pero iso quedou fóra xa nos primeiros minutos. A falta de intensidade dende o principio facía prever un encontro frío, e así ocurríu Demasiados fallos no forzados, accions moi individuales e os despistes defensivos facían que en ningún momento o equipo se distanciará no marcador. Aún así a falta de 10 min con 5 goles a favor parecía que s cousa quedaría resolta, os nosos non foron capaces de marcar gol, chegando os últimos instantes co balón do Reconquista para empatar. Unha acción non forzada propicio que a pesar dun encontro fálto de intensidade os dous puntos quedáronse en Mesoiro.Para a semana recibiremos o campeón de Liga BM Cangas.


INFANTIL PRATA

Vitoria ante o Sanxenxo, no que foi un encontro moi igualado todo o tempo, e na segunda parte conseguiron axustar en defensa e irse no marcador subindo o balón rápido e ataques máis directos, para acabar conseguindo a vitoria e sumar dous puntos máis. Resultado final 32-40.


ALEVÍN 7

Partido dos nosos nenos na categoría alevín 7 contra o Bm Culleredo Cedeira Oton. O encontro iniciou cos nosos xogadores saindo cunha moi boa intensidade conseguindo desa forma a victoria nos dous primeros cuartos. No terceiro os erros cometidos na defensa e unha maior intensidade das contrarias propiciaron o empate do cuarto, os erros continuaron tanto no ataque coma na defensa facendo imposible gañar o ultimo cuarto.

ALEVÍN 5

Moi bo partido das nosas alevíns. Loitaron cada cuarto como de costume, roubando balóns e peleando coa defensa do Arteixo. Estiveron a punto de ganar o terceiro cuarto, mais os nervios dos últimos segundos fixo que os rivais nos empatásen Ainda así notase a mellora das nosas loitadoras!


BENXAMÍN

Partidazo dos máis pequenos contra o Arteixo. Comezaron o partido moi concentrados, roubando pases e metendo goles o que fixo posible a vitoria en todos os cuartos. Seguiremos traballando para mellorar máis!