CRÓNICAS XORNADA 17/2


SENIOR

Enfrontamento contra o Meaño, que iniciamos con moitos erros defensivos e ofensivos, obligando un tempo morto para reordenarnos e levantar o encontro. Na segunda parte saímos mellor e conseguimos unha vitoria por 36-21 que cos resultados desta xornada nos separan dos perseguidores.


CADETES

Bo partido frente o Oar no que plantamos cara, incluso indo por diante hasta a metade da 2ª parte na que os nosos erros nos fixeron perder o encontro. 36-31 e para a semana o último encontro desta liga frente o Bm Rodeiro.


INFANTIL OURO

Bm Linea21 Transgalo 50 – Sar Nosatun 39
Novo partido e reto que afrontaban os nosos infantís de liga ouro contra o equipo de Redondela. Partido cun ritmo frenético no que os ataques sobrepuxéronse as defensas. Os noso infantiles levaron en todo momento o mando do partido encontro e a pesar de pasar por uns momentos de dúbidas na segunda parte souberon sobrepuxerse e sumar dous puntos máis que os manteñen na zona alta da clasificación.

INFANTIL PRATA

Oar Coruña 26 Bm Linea21 Academia Pluralia 46 Os nosos visitaban ao Oar co obxetivo de seguir coas boas sensacións das anteriores semanas é así foi realizando un encontro moi completo; destacando o gran partido de Yago. Para a vindeira semana visitan ao Xiria no último encontro de liga desta primeira fase.


ALEVÍN 7

Partido complicado o que disputaron os nosos nenos contra o Bm Culleredo Ascor Consulting onde foron os contrarios os que conseguiron a victoria. Aínda que os nosos nenos non perderon a intensidades en ningún momento do encontro os erros cometidos tanto no ataque coma na defensa fixeron que os corntrarios gañaran todos os cuartos. Toca seguir traballando.