SENIOR Arteixo balonmán 26 BM Linea 21 Lignum Plus 38

Volta a competición despois do parón navideño.
A pesar de ter baixas importantes o equipo fixo a mellor primeira parte de toda a tempada, ofrecendo diversas soluciòns en ataque e facendo unha gran defensa. Esto unido propiciou que se chegara o descanso con unha ventaxa de 15 goles. Na segunda parte a relaxación por parte dos nosos e as ganas de seguir loitando do Arteixo fixo que a imaxe fora diferente.
Importantes 2 puntos, para seguir loitando polo liderazgo do grupo.

#linea21#somosl21#novomesoiro

ALEVÍN BM 7 BM Abegondo Súmate 8 – BM Linea 21 Restaurante Cho 8

Gran encontro realizado polos alevíns ante un dos mellores equipos do grupo.
Os 2 primeiros cuartos unha boa defensa na que se impedía que os rápidos xogadores locais foran quen de chegar á nosa portería, un ataque fluido , onde todos os nenos participaron e aportaron para conseguir gañar estes 2 cuartos pola mínima diferencia. No segundo e terceiro cuarto, o cansancio do inicio empezou a facer mella e comezamos a ter erros defensivos así como pases pouco eficientes.
O máis importante de todo é o gran esforzo que fixeron todos os que viñeron a xogar, loitaron e non deron un balón por perdido.

#linea21#somosl21#novomesoiro

BENXAMÍNS

Visita do equipo benxamin ao Liceo que rematou con victoria do equipo local, 12-4
O parón navideño tivo consecuencias negativas no xogo dos máis pequenos. A falta de continuidade na competición e os poucos adestramentos de preparación para o partido desta fin de semana tiveron como resultado unha inferioridade moi grande no xogo do equipo. Moitos erros que xa se creía estaban correxidos volveron a aparecer.
Toca volver a poñerse mans á obra e seguir aprendendo e desfrutando do balonmán.

#linea21#somosl21#novomesoiro

senior BM linea 21 Lignum Plus 32 – Balonmán Loriga 29



Este sábado ás 18:30 recibíamos ao Loriga no primeiro encontro da segunda volta. Despois do mal sabor de boca que nos quedou no primeiro encontro o equipo estaba moi mentalizado en conseguir estes 2 puntos que nos distanciaba do Loriga.
O encontro foi moi duro nos primeiros intres, a boa defensa visitante facía moi difícil acadar portería, e a pasividade nosa tiña como resultado que o loriga se puxera por diante nos primeiros minutos fo encontro.
Despois duns axustes defensivos, a cousa cambiou, o traballo de disuasión dificultaba moito os ataques visitantes e provocaba contraataques en primeira oleada.
Aínda así o encontro estivo sempre moi igualado, e foi na segunda parte cas numerosas exclusións do Loriga que acadamos a ventaxa suficiente para levar estes 2 ansiados puntos.
No encontro temos varias cousas a destacar, en primeiro lugar o gran encontro realizado por Alex Puñal, a volta ás pistas de Juan despois da lesión da tempada pasada e o debut de Mateo Díaz , xogador saído lo Colexio Liceo La paz.

#linea21#somosl21#novomesoiro

xuvenís BM Línea21 A2iC Celulosas 15-23 Galitrans BM Pontedeume

Partido que nos enfrentaba o S.D.Eumesa que afrontabamos con varias baixas de xogadores importantes, e se preparou con outros axustes ofensivos. Todo cambiou nos primeiros minutos coa lesión de Victor Gonzalez e todo o que preparamos cambiou. Sen apenas cambios xogamos un bo partido a pesar da derrota, hubo ocasiòns pero non estivemos acertados á hora do gol. Na segunda parte aumentaron a distancia que conseguimos recortar pero por molestias de Adrián e de Marcos houbo que facer cambios para finalizar o partido. A pesar da diferencia no marcador moi contentos pola actitude de todos e o esforzo de cada un ante todas as adversidades. Resultado final 15-23 que nos situa na 3ª posición empatados a puntos con Xiria e Viveiro e lonxe do Culleredo que aumenta as distancias.

#linea21#somosl21#novomesoiro

infantís Club Balonmano Atlántico (23) Academia Pluralia Línea 21 (26)

Antoxábase unha saída difícil e máis coas baixas de última hora de Miguel Álvarez e Brais Garrido.
O Línea 21 mostrou dunhas caras totalmente distintas no encontro.
Unha primeira parte na que aos nosos rapaces lle costou meterse no partido dende o comezo cunha defensa moi blanda e un ataque moi estático ; con todo isto chegouse ao descanso cunha ventaxa mínima para o Bm Atlántico tras que Miguel Montesino convertera unha falta directa co tempo acabado.
Ao sair do vestuario o Academia Pluralia Línea 21 propúxose entrar ao partido con outra intensidade e así o fixo.
Nos primeiros minutos cunha defensa presionante provocou varios erros no equipo local obrigando ao seu adestrador a pedir tempo morto dúas veces antes do ecuador da segunda parte. Realizouse un xogo moito máis dinámico e unha boa defensa o que permitiu brillar a Adrián na segunda parte ; finalmente chegouse ao final cun marcador 23-26.
O equipo infantil finaliza en terceira posición antes do parón de nadal con moitas ganas de seguir nesta liña de xogo e finalizar o máis alto posíbel na táboa clasificatoria.

#linea21#somosl21#novomesoiro