infantís Club Balonmano Atlántico (23) Academia Pluralia Línea 21 (26)

Antoxábase unha saída difícil e máis coas baixas de última hora de Miguel Álvarez e Brais Garrido.
O Línea 21 mostrou dunhas caras totalmente distintas no encontro.
Unha primeira parte na que aos nosos rapaces lle costou meterse no partido dende o comezo cunha defensa moi blanda e un ataque moi estático ; con todo isto chegouse ao descanso cunha ventaxa mínima para o Bm Atlántico tras que Miguel Montesino convertera unha falta directa co tempo acabado.
Ao sair do vestuario o Academia Pluralia Línea 21 propúxose entrar ao partido con outra intensidade e así o fixo.
Nos primeiros minutos cunha defensa presionante provocou varios erros no equipo local obrigando ao seu adestrador a pedir tempo morto dúas veces antes do ecuador da segunda parte. Realizouse un xogo moito máis dinámico e unha boa defensa o que permitiu brillar a Adrián na segunda parte ; finalmente chegouse ao final cun marcador 23-26.
O equipo infantil finaliza en terceira posición antes do parón de nadal con moitas ganas de seguir nesta liña de xogo e finalizar o máis alto posíbel na táboa clasificatoria.

#linea21#somosl21#novomesoiro