xuvenís BM Línea21 A2iC Celulosas 15-23 Galitrans BM Pontedeume
infantís Club Balonmano Atlántico (23) Academia Pluralia Línea 21 (26)
Antoxábase unha saída difícil e máis coas baixas de última hora de Miguel Álvarez e Brais Garrido.
O Línea 21 mostrou dunhas caras totalmente distintas no encontro.
Unha primeira parte na que aos nosos rapaces lle costou meterse no partido dende o comezo cunha defensa moi blanda e un ataque moi estático ; con todo isto chegouse ao descanso cunha ventaxa mínima para o Bm Atlántico tras que Miguel Montesino convertera unha falta directa co tempo acabado.
Ao sair do vestuario o Academia Pluralia Línea 21 propúxose entrar ao partido con outra intensidade e así o fixo.
Nos primeiros minutos cunha defensa presionante provocou varios erros no equipo local obrigando ao seu adestrador a pedir tempo morto dúas veces antes do ecuador da segunda parte. Realizouse un xogo moito máis dinámico e unha boa defensa o que permitiu brillar a Adrián na segunda parte ; finalmente chegouse ao final cun marcador 23-26.
O equipo infantil finaliza en terceira posición antes do parón de nadal con moitas ganas de seguir nesta liña de xogo e finalizar o máis alto posíbel na táboa clasificatoria.
Benxamíns Línea 21 12-4 Telepizza Xiria
Primeira victoria dos rapaces na liga. Os nosos foron capaces de dominar un partido ao que asistían con ganas de demostrar que as horas invertidas nos adestramentos dan resultado. Unha gran solidez defensiva e unha gran actuación dalgúns xogadores como Pablo na portería e Diego como máximo anotador do encontro fixeron que a mañá do sábado fose unha festa e que todos saísen do pavillón moi contentos co resultado.
colaboración de la FUNDACIÓN EMALCSA, ONG SENVALOS y Bmlínea21
Dentro de la hoja de ruta del club, uno de los puntos más agradecidos que tenemos es la capacidad de integración que tiene el deporte.
Por eso desde hace 2 semanas un grupo de chicos y chicas de la ONG , comenzaron la práctica del balonmano, esta actividad no sólo sirve para la inclusión de estos Chicos/as en la estructura de nuestro club, sino que también les ayuda a conocer otras actividades , conocer de primera mano a otros chicos/as de su edad y practicar un deporte en el cual la cooperación y el esfuerzo son las bases que tendrán que ganar para su vida futura.
Todo esto sería impensable sin la colaboración de la ONG y la .
Senior BM línea21 Lignum Plus 31 – 28 CP Lucense
Retomamos a competición despois do parón polas seleccións galegas.
Recibimos o Lucense, co único propósito de sumar outros 2 puntos máis no casilleiro, pero a pesar de acadar o obxectivo, o encontro non transcurriu coma se esperaba.
Ao equipo faltáballe a chispa doutros encontros, a pesar da boa defensa da primeira parte en ataque os nosos andiveron bastante espesos, a saída de Alex no centro dou un pouco máis de aire ao xogo e foi quen de distanciar o equipo.
Destacamos o bo encontro de Toño, dándolle a solidez que o equipo necesita en momentos difíciles.
Para s semana temos unha saída das complicadas ante un Camariñas.
Infantís Garaysa Xiria B 25- 34 BM Línea21 Academia Pluralia
Tiñamos que afrontar a priori unha difícil visita a Carballo para enfrontarse ao Garaysa Xiria B.
Dende o comezo o Academia Pluralia Bm Línea21 saliu moi enchufado en tarefas defensivas permitindo chegar ao descanso 7-19. Na segunda metade a dinámica do encontro foi a mesma chegando a un marcador final de 25-34 . Destacar a gran aportación de tòdolos xogadores ; especialmente a de Brais baixo a portería que foi un muro para os xogadores carballeses.
Para a vindeira semana o Academia Pluralia Bm Línea 21 recibe ao Arteixo Balonmán no que se espera que manteñan esta línea de xogo.