Retomamos a competición despois do parón polas seleccións galegas.
Recibimos o Lucense, co único propósito de sumar outros 2 puntos máis no casilleiro, pero a pesar de acadar o obxectivo, o encontro non transcurriu coma se esperaba.
Ao equipo faltáballe a chispa doutros encontros, a pesar da boa defensa da primeira parte en ataque os nosos andiveron bastante espesos, a saída de Alex no centro dou un pouco máis de aire ao xogo e foi quen de distanciar o equipo.
Destacamos o bo encontro de Toño, dándolle a solidez que o equipo necesita en momentos difíciles.
Para s semana temos unha saída das complicadas ante un Camariñas.