PLAN CORRESPONSABLES
VEN A XOGAR AO BALONMÁN, Cubre este formulario, contamos contigo
SENIORS BM Línea 21lignum plus 31-BM Miño 30
INFANTÍS CP Lucense 30-14 Academia Pluralia BM Línea21
O ACADEMIA PLURALIA BM LÍNEA 21 afrontaba o sábado un difícil encontro na súa visita ao CP LUCENSE. Dende o comezo do encontro o conxunto local amosouse superior debido a súa superioridade física e un gran movemento de balón. Na segunda parte o conxunto coruñés propúxose cambiar o partido e parecía que o iba conseguir pero debido a numerosas exclusións e algunha decisión arbitral fixo que o Lucense se marchara tamén no parcial da segunda metade.
Con todo isto destacar o esforzo feito polos xogadores do Academia Pluralia Línea 21 a pesares do marcador.
SENIORS BM Xallas – BM Línea21 Lignum Plus
XUVENÍS CLUB BALONMÁN APARTAMENTOS TURISVIVEIRO – BM LÍNEA21 A2IC CELULOSAS
INFANTÍS ACADEMIA PLURALIA BM LÍNEA 21- OAR CORUÑA 1952.
Primeiro partido e primeira victoria da ACADEMIA PLURALIA BM LÍNEA 21 fronte ao OAR CORUÑA 1952.
Emocionante encontro o vivido o sábado entre ambos equipos coruñeses. O comezo do partido estivo marcado polos nervios polo comezo da competición e as primeras diferencias foron ao favor do equipo local debido a unha maior intensidade defensiva e unha maior fluidez na movilidade de balón ; con todo isto chegouse ao descanso cun resultado 11-8.
No comezo da segunda parte o equipo visitante púxose por diante debido a unha maior eficacia no lanzamento e a unha mellor toma de decisións ; a partir dese momento as ventaxas foron mínimas para o equipo local destacando a gran actuación de ambos porteiros chegando a un resultado final de 19-18.
Para a vindeira semana o equipo infantil visita ao Club Polideportivo Lucense no que se espera que siga a mellora de xogo .