BENXAMÍNS Óptica Auris Xiria 10- 6 BM Línea21 Reformas Coruña

O equipo benxamín enfrentouse por partida dobre ao Xiria. Ambos partidos finalizaron con derrota para os nosos, por 10-6 o primeiro e 12-4 o segundo. Malia o resultado, todos os rapaces remataron o partido cun sorriso e orgullosos da súa actuación ante un equipo superior en moitos aspectos e notablemente máis rodado, especialmente os debutantes e os prebenxamíns que asistiron a botar unha man aos seus compañeiros.

Afrontamos unha nova semana de entrenamentos con ilusión e coas pilas ben cargadas.

#linea21#somosl21#novomesoiro