Enfrontamento co Xiria B. No partido de ida xa no lo puxeron difícil e este non foi menos, igualado todo o encontro e a pesar de irnos de 5 na segunda parte e manter esa distancia, nos intres finais conseguiron recortar e poñerse a 1 finalizando o encontro 33-32. Seguimos na loita por manter o liderato.
ALEVÍN 7
Partido contra o Colegio Liceo La Paz Verde que comenzou cos nosos xogadores saíndo con unha boa intensidade conseguindo desa forma gañar o primeiro e o segundo cuarto, sen embargo os erros cometidos tanto no ataque coma na defensa propiciaron que se perderan o terceiro e o cuarto cuarto resultando o encontro nun empate.
ALEVÍN 5
Partidazo o das nosas guerreiras fronte ao Oar Loitaron cada cuarto como nunca, a pesar do resultado ( un empate no último cuarto), a melloría segue sendo moi boa. Noraboa polo esforzo e o traballo.
ALEVÍN 5
Os Alevíns do línea 21 enfrontáronse a o Xiria, a pesares das baixas do noso equipo, ca axuda dos benxamíns foron quen de acabar a victoria gañando dous cuartos empatando un e perdendo outro. A seguir entrenando!
BENXAMÍN
Enfrontábanse os nosos benxamíns ao OAR, partido que se presentaba dende un principio complicado. Comezaron o partido igualados mais certos erros fixo que o OAR levase a victoria nos tres cuartos. Mais, como os nosos nunca se rinden, foi o último cuarto no que conseguimos empatar. Toca seguir mellorando para que cada vez se cometan menos erros.
Nos enfrentábamos o Lucense, partido que iniciou igualado toda a 1ª parte gañando de 3 no descanso,Iniciamos fortes a 2ªparte en defensa recuperando balóns e contras rápidas, despegándonos no marcador e conseguindo a vitoria 23-37 e seguindo na loita polo ascenso.
CADETE
Partido frente Bm Rodeiro Faro que iniciamos con moitos erros e indo ao descanso 5 abaixo, conseguimos remontar e estar 2 arriba, pero novamente os erros no final do partido decantaron a vitoria pola mínima do equipo visitante 37-38. Agora iniciamos a seguinte liga.
INFANTIL PRATA
Garaysa Xiria C 23 – Bm Linea21 Academia Pluralia 35. Último partido da 1 fase para os nosos infantís de primer ano no que se amosaron superiores ó conxunto local durante a maior parte do encontro conseguindo a victoria. Con estos dous puntos finalizan nunha cuarta posición esta primeira fase. Na segunda fase visitarán ao Balonmán Sanxenxo e o Balonmán Porriño; e recibirán a domicilio ao Divino Rei Ribeiro e ao Balonmán Narón.
ALEVÍN 7
Difícil partido co que se encontraron os nosos xogadores na categoría alevín 7,contra o Bm Abegondo Sumate, onde non conseguiron a vitoria. O encontro estivo marcado por erros tanto no ataque coma na defensa. Debemos seguir traballando para prepararnos para o próximo encontro.
ALEVÍN 5
Bm Linea 21 Restaurante Cho – Ceip Bm Línea 21 Este pasado mércores o noso equipo alevín 5 masculino enfrentouse ás rapazas do equipo. Aínda que o resultado foi un 12-4 para os rapaces, as nosas adversarias foron un rival duro, progresando en canto a dificultade para superalas a medida que avanzou o encontro. Tanto un equipo coma o outro evoluciona a grandes pasos, pero queda seguir traballando para mellorar moito máis. As rapazas empezaron concentradas o partido, máis algúns saques de portería precipitados fixeron que eles marcasen gol. No último cuarto estiveron a punto de empatar, pero foi un último tiro das nosas o que aproveitaron os rapaces para marcar gol e gañar. Noraboa a tod@s por este gran encontro!
BENXAMÍN
Despois dun parón de duas semanas o noso equipo Benjamín enfrontouse as rapazas do Grabados Calvo Arteixo. O línea tivo moitos erros na portería pero a pesares de iso fomos capaces de levarnos a victoria en 3 cuartos. Nótase a milloría dos prebenxamins do equipo!
Enfrontamento contra o Meaño, que iniciamos con moitos erros defensivos e ofensivos, obligando un tempo morto para reordenarnos e levantar o encontro. Na segunda parte saímos mellor e conseguimos unha vitoria por 36-21 que cos resultados desta xornada nos separan dos perseguidores.
CADETES
Bo partido frente o Oar no que plantamos cara, incluso indo por diante hasta a metade da 2ª parte na que os nosos erros nos fixeron perder o encontro. 36-31 e para a semana o último encontro desta liga frente o Bm Rodeiro.
INFANTIL OURO
Bm Linea21 Transgalo 50 – Sar Nosatun 39 Novo partido e reto que afrontaban os nosos infantís de liga ouro contra o equipo de Redondela. Partido cun ritmo frenético no que os ataques sobrepuxéronse as defensas. Os noso infantiles levaron en todo momento o mando do partido encontro e a pesar de pasar por uns momentos de dúbidas na segunda parte souberon sobrepuxerse e sumar dous puntos máis que os manteñen na zona alta da clasificación.
INFANTILPRATA
Oar Coruña 26 Bm Linea21 Academia Pluralia 46 Os nosos visitaban ao Oar co obxetivo de seguir coas boas sensacións das anteriores semanas é así foi realizando un encontro moi completo; destacando o gran partido de Yago. Para a vindeira semana visitan ao Xiria no último encontro de liga desta primeira fase.
ALEVÍN 7
Partido complicado o que disputaron os nosos nenos contra o Bm Culleredo Ascor Consulting onde foron os contrarios os que conseguiron a victoria. Aínda que os nosos nenos non perderon a intensidades en ningún momento do encontro os erros cometidos tanto no ataque coma na defensa fixeron que os corntrarios gañaran todos os cuartos. Toca seguir traballando.
SENIOR Encontro clave frente o Bueu na súa casa, se presentaba difícil dado o seu xogo que na ida xa se nos complicou. Moi igualado todo o tempo, incluso indo por debaixo 3 goles na recta final. Supemos antepoñernos e a falta de 6 segundos unha recuperación pola súa parte e contraataque situaron as tablas no marcador 37-37.
CADETE Enfrontamento directo contra o Ribadosar no que fixemos unha gran primeira parte con unha renta de 2 goles, que mantivemos un rato na segunda parte, os erros e precipitacións en ataque fixeron que se dera a volta no marcador chegando ao final do partido e perdendo por un tanto 32-33.
INFANTIL PRATA BmLinea21 Academia Pluralia (43) BmRibadosar (23) Na mañá do sábado os nosos infantís recibían o Bm Ribadosar co obxetivo de seguir coas gran sensacións co que finalizaron a semana pasada fronte o Lucense. Os nosos infantís dominaron o encontro de principio a fin; destacando a gran aportación de todos os alevíns convocados.
Enfrentamento contra un sempre complicado @balonmannaron , partido moi igualado que o final se decantou pola nosa parte 31-26. Primeira parte moi igualada e a segunda comenzou igual. Pero tras un parón no xogo reanudamos con boas defensas e ataques rápidos e conseguimos separarnos no marcador e conseguir unha victoria máis que nos sigue mantendo no liderato.
CADETE
Cp Millaven Lucense 36 – BmLinea21 Reformas Coru 30. Bo partido dos nosos cadetes no que se puideron ver tramos dunha moi boa defensa provocando erros e un ataque ordenado. A pesar disto, unha serie de erros en momentos críticos do partido fixeron que os dous puntos se quedarán en Lugo.
INFANTILOURO
BM Abegondo Noroplaza 20 – BM Linea21 Transgalo 33 A pesar das baixas e lesións os nosos rapaces sacaron a mellor cara. Nos primeros minutos as precipitacións facían que non fomos quen de irnos no marcador. No momento que nos asentamos no encontro todo comezou a funcionar, ataque defensa e Portería. Destacamos a Derek con 23 Goles en acta e a grandísima actuación de Darío na portería.
INFANTIL PLATA
Cp Millavén Lucense 35 – Bm Línea21 Academia Pluralia 31. Os nosos desprazábanse a Lugo nun partido a priori difícil debido ás baixas para o partido é que os locais só cederon 2 puntos en toda a tempada. O nosos infantiles fixeron un partido moi completo de principio a fin loitando ata o final; pero un conxunto de malas decisións nos intres finais non permitiron acadar os 2 puntos.
ALEVÍN 5
Enfrontamento contra o Oar, un rival contundente e complicado. No primeiro cuarto conseguimos empatar e, tras uns axustes en defensa conseguimos facernos cos cuartos restantes salvo co terceiro, onde o cansanzo fixo mella nos nosos rapaces.
ALEVÍN 5
Especial encontro donde as nosas guerreiras conseguiron o seu primeiro empate gañando dous cuartos e case empatando outro. Comezou a segunda volta demostrando a melloria o longo da tempada e seguimos disfrutando de estas nenas que o viven con moita paixon e os resultados xa vendran pouco a pouco.
BEMXAMÍN
Esta fin de semana tocou enfrontarnos ao segundo clasificado, sabiamos que ía ser un partido complicado polo que tomamos a decisión de por aos rapaces de maior idade no último cuarto, logrando así unha victoria neste último.
Partido clave frente ao Arteixo, a falta de 2 xornadas para acabar a 1ª volta conseguindo a vitoria e manténdonos no alto da clasificación. Inicio con indecisiòns e pérdidas de balòn e desaxustes defensivos. Fomos mellorando a defensa e axustando os erros indo ao descanso con unha ventaxa no marcador. Na 2ª parte supemos manter a distancia a pesar de que recortaron no marcador e metemos un arreòn final para acabar 27-21.
Cadete
Partido contra Lalin, 1º da segunda volta, 1ª parte moi boa demostrando un nivel moi alto e xogando un partido moi serio que nos distanciaron no marcador 2ª parte todo o contrario, tivemos moitos erros e nos recortaron distancias que despois xa non supemos remontar. Derrota (28-33)na que a pesar diso demostraron que poden xogar contra quen queiran.
Infantil Oro
Librería Salvi BM Lalín 35 – Linea 21 Transgalo 30 O domingo os infantís de liga ouro desprazáronse a Lalín para retomar a competición despois do parón. Un encontro a priori interesante xa que xogábamos segundo contra o terceiro de liga, pero os nosos rapaces non foron quen de saír centrados o encontro, eso sumado a gran intensidade que mostrou o Lalín fixo que se foran rápidamente no marcador. Os problemas defensivos e a falta de chispa da primeira parte sentenciou o encontro. Na segunda metade o equipo foi máis parecido o que estamos acostumados, correndo, defendendo e loitando cada balón, esto fixo que o marcador se acortase pero sen baixar nunca dos 3 goles de diferenza. Noraboa o Balonmán Lalín pola Victoria!
Alevín 7
Despois do parón, os nosos conseguiron a vitoria. O encontro comenzou cun primeiro cuarto con erros tanto no ataque coma na defensa que propiciaron o empate pero despois do descanso e duns axustes os nosos xogadores conseguiron sair coma os gañadores dos seguintes tres cuartos.
Alevín 5
Restaurante Abuin Arteixo 11-6 Linea 21 autos pallas. A volta do Nadal amosouse un tanto complicada para os nosos rapaces nun encontro no que a superioridade técnica e física nolo puxo moi difícil. Non obstante, o espírito loitador dos nosos fixo que conseguise un cuarto ao noso favor e que as diferenzas no marcador non fosen moi elevadas. Marchamos con moi bo sabor de boca por aplicar o traballado nos entrenos.
Alevín 5
Enfrontamento contra o Oar, partido no que demostraron unha vez máis o gran equipo que están formando, xogando un partido moi bo plantando cara en cada cuarto. Tiveron unha melloria enorme, dunhas nenas que empezaron fai uns meses e que nos darán moitos momentos de alegria.
Benxamín
Retomaron a actividade os máis pequenos o sábado contra o Liceo la Paz. Un equipo que comezou o partido forte e con máis experiencia no campo que os nosos, aínda así loitaron a victoria durante os catro cuartos. Non puido ser, pero seguiremos aprendendo cada día!
Recibimos a visita do Lavadores Vigo B como último partido do ano. Iniciouse o partido con varios erros tanto en ataque como en defensa, indo igualados toda a primeira parte, tras o descanso e as correccións para ordenar o equipo comenzamos a recuperar balóns e imprimindo o noso ritmo conseguindo unha vitoria máis que nos manten líderes.Resultado final 37-27.
Un Partido crucial para intentar cambiar as últimas dinámicas de resultados non moi satisfactorias. Comezou igualada pero cunha gran defensa chegouse ó descanso cunha ventaxa 3 goles. Tras a reanudación o equipo local conseguiu empatar o partido ; tras un tempo morto, o noso equipo comezou a amosarse superior o cal quedou reflexado no electrónico final.
INFANTIL ORO : BM LINEA21 Transgalo
Disalmo BM Cangas 37 – BM linea21 TRANSGALO 23
Disputa en cangas do encontro aprazado. Os nosos afrontaban este segundo encontro do fin de semán sabendo o compricado rival que terían en frente.O encontro mostrou durante a primera parte do mismo o gran nivel dos 2 equipos, a raíz de 2 inferioridades o equipo local sacou unha renda de 5 goles, os cales xa non se poideron recuperar. Unha salida fulgurante en defensa dos locais rompeu definitivamente o encontro. A pesar do abultado da derrota non reflexa o gran encontro realizado polos nosos rapaces, que loitaron ata o último segundo sen deixarse levar en ningún momento.
INFANTIL ORO : BM LINEA21 Transgalo
BM LINEA21 Transgalo 39 – Garaysa Xiria A 34
INFANTIL PLATA : BM LINEA21 Academia Pluralia
BM linea21 academia pluralia 31 – Garaysa Xiria C 25
Encontro disputado nos primeiros intres, momentos nos cales os goles subían nos dous marcadores, a entrada dos rapaces que disfrutan liga ouro subiu o nivel e fomos quen de distanciarse no marcador. Cos cambios e a entrada dos alevíns de 2 ano o encontro planificábase que se ía igualar outra vez, pero no fío así, os alevíns foron quen de manter o resultado e dar grandes minutos de xogo.
ALEVÍN 7 : BM LINEA21 Restaurante Cho
Partido contra o Bm Culleredo Canosa Abogacía onde os nosos conseguiron a vitoria. Cun partido marcado por unhas moi boas actuaciòns dos nosos xogadores, tanto no ataque coma na defensa, conseguiron facer posible que os nosos nenos foran por diante no encontro e dese xeito conseguir gañar todos os cuartos e poder ir ao descanso de nadal cun bo sabor de boca.
ALEVÍN 5 : BM LINEA21 Autos Pallas
O noso equipo enfrontábase ao Liceo La Paz Blanco Un partido no que as expectativas de intensidade non foron en balde, pois a superioridade física e técnica dos adversarios fixo mella neste encontro no que, a pesar de facer e loitar ata o final marchamos para a casa con un 12-4 para os do Liceo moi contundente.
ALEVÍN 5 : CEIP BM LINEA21
Enfrotamento ante o Brigantium, partido moi igualado os 4 cuartos nos que se conseguiu a vitoria dun cuarto e o resto se perderon pola mínima. Finalizamos o ano con unha melloría ascendente que de seguro nos traerá máis vitorias no próximo aninovo.
BENJAMÍN : BM LINEA21 A2ic Servicios
O equipo benxamín desprazouse a Carballo para enfrontarse ás rapazas do Brigantium. Unha sólida defensa permitiu ao equipo gañar 3 cuartos. Grazas aos bos adestramentos estase notando unha gran melloría no equipo máis cativo do clube.