CRÓNICAS XORNADA 19-20/10



Senior:
Valinox Novas B 39-21 Bm Linea21 Lignum Plus. Dura derrota unha semana máis, non se dou coa clave para volver a ser a mellor defensa do ano pasado. Moitos erros defensivos. En ataque seguimos facendo bos ataques pero moitos erros de lanzamento, e perdas inesperadas que se convirten en contraataques. Unha semana mais loitando. Seguinte visita do Sar Op Mobility un rival moi complicado pero seguiremos loitando e poñendo as cousas difíciles.

Cadete:
BM Línea21 45-25 Atlántico
O encontro dos cadetes contra o Club Balonmano Atlántico iniciouse de forma moi igualada e con varios erros tanto no ataque coma na defensa, pero unha vez correxidos, os nosos nenos poideron empezar a alexarse no marcador e acabar gañando a primeira parte. A segunda parte continuou cunha boa intensidade tanto defensiva coma ofensiva gañando finalmente o encontro.

CP Lucense 38-28. BM Línea21 Arealonga
Derrota no primer encuontro do equipo, os nervios e a precipitación fixo que o equipo local levará os 2 puntos.

Infantil masculino Ouro:
Valinox Novás 27- 28 Bm Línea21 Transgalo.
Os infantís saíron ao campo despois dunha longa viaxe con desconcerto ata que pouco a pouco foron entrando na dinámica do encontro. Moi igualado ata o final decidíndose o mesmo nun golpe franco co tempo finalizado a favor dos nosos onde Xurxo executou un lanzamento superando a defensa e poñendo o balón lonxe do alcance do gardaredes.
A vindeira semana visitamos ais nosos vecinos do BM Culleredo.

Infantil feminino:
Club balonmán Viveiro 7-28 Bm Línea21 Mi Barrio. Primeiro encontro da tempada. Comezamos cunha vitoria moi importante, a primeira do ano das nosas guerreiras. Deron un paso adiante, cunhas defensas moi boas recuperando balóns, e ataques moi ben organizados. Seguimos con esta continuidade de melloría semana a semana e loitando cada encontro. NORABOA POLO TRABALLO


Infantil masculino prata:
Ferrol Bm Narón 22- 30 BM Linea21 Fixman.
Os nosos infantís de 1° ano afrontaban o seu encontro con moitas ganas e entusiasmo. Incansables, demostraron o seu xogo colectivo e xeneroso levando unha distancia de 5 goles ao descanso. Xa na segunda parte o equipo sentiuse cómodo e mantivo distancia ata o final.


Alevín:
BM Línea21 10-6 Atlántico
Primeiro partido dos nosos nenos contra o Club Balonmano Atlántico onde os nosos xogadores levaron a ventaxa nos 3 primeiros cuartos. O último cuarto viuse marcado por unha maior intensidade do rival e alguns erros propios levando a perder o cuarto.