CRÓNICAS 22/23 NOVEMBRO



CADETE PRATA

Bm Abegondo opemat 48 – 30 BM Línea 21 Arealonga clínica veterinaria.
Os cadetes con varias baixas saían ao campo cunha baixa concentración e con moitas perdas de balón que permitiu ao rival correr á contra e irse con vantaxe no marcador. Toca seguir aprendendo e mellorando!


BM Linea 21 Reformas Coruña 36 – Millaven CP Lucense 32. Encontro axustado entre os 2 equipos, o mal comezo dos nosos fixo que o equipo lucense levará unha pequena ventaxa na primeira parte. Na segunda o equipo sacou o mellor de cada un e foi quen de levar a victoria.

INFANTIL MASCULINO OURO

As Casiñas Luceros 40- 30 BM Línea 21 Transgalo. Os infantís afrontaron o encontro a sabendas do nivel do rival. A pesares de todo o equipo nunca deixou de loitar en cada unha das accións, aínda así, os dous puntos quedaron na casa do Luceros.
Destacar a gran progresión do equipo e de seguro que disfrutaremos do seu xogo nas vindeiras xornadas!

INFANTIL MASCULINO PRATA

Bm Abegondo A tenda de Dario 44-23 Bm Línea 21 Fixman: Os nosos infantís prata comenzaban con intensidades pero as forzas foron decaendo cos ánimos. O BM Abegondo foi que de aproveitar os nosos erros en ataque convertendo cada defensa nunha ocasión clara de contraataque. Seguimos aprendendo e desfrutando con noso deporte; co balonmán.

INFANTIL FEMININO

Bm Linea 21 Mi Barrio 40-23 Bm Brigantium.      Nova victoria das nosas guerreiras que loitaron un encontro que non se daba ido no marcador na primeira parte por erros e precipitacións. Na 2ª parte apretaron moito mais en defensa con recuperacións e ataques rapidos fixeron que nos foramos no marcador con unha aficion volcada animando todo o encontro. 2 puntos mais e a seguir aprendendo e mellorando.

ALEVÍN 7

Colegio Liceo La Paz Verde BM 7 8-8 Bm Linea 21 Auto Escola Copaco.
Complicado encontro para os nosos nenos onde comenzaron ganando o primeiro cuarto. O segundo e o terceiro vironse marcados por varios erros e unha maior intensidade por parte do rival perdiendo ambas partes, pero unha maior intensidade no último cuarto fixo posible conseguir o empate do partido.

ALEVÍN 5

Partido difícil para os nosos alevíns 5, debido a diferenza de altura e de idade dos contrincantes. Aínda así, foron quen de loitar cada cuarto chegando incluso a poñernos empatados, máis foron os do Narón quen se levaron tódolos puntos.

BENXAMÍN

Bm Linea 21 Webko.Net 5-11 Club Balonmano Atlantico. Partido ante un rival superior, ainda así os nosos rapaces saíron moi ben no primeiro cuarto logrando un gran empate. No resto de cuartos o equipo rival soupo defender moi ben o primer pase, facendonos cometer bastantes erros, levandose así os seguintes cuartos.


BM Linea 21 Mafre los Mallos 6 – BM Abegondo Súmate 10
Gran encontro realizado polos nosos pequenos e pequenas. A pesar da diferencia de xogo, foron quen de esforzarse o máximo en cada cuarto. Loitaron, disfrutaron,riron e sobre todo pasárono moi ben.