CRÓNICAS XORNADA 9-10/11

SENIOR.

Bm Linea 21 Lignum plus 39-32 O Grove paraiso Rasoeiro. Victoria moi importante para seguir na loita e non descolgarnos da zona de final four. Un encontro que supemos afrontar moi ben, tanto a defensa como o ataque estivo a un nivel moi bo, e todos os xogadores aportaron o seu traballo realizado o longo da semana aportando todo o mundo e loitando como sabemos. Por fin estamos encontrando o noso xogo e pouco a pouco seguir mellorando e correxindo os erros partido tras partido.

INFANTIL FEMININO.

Bm Linea 21 Mi Barrio 35-24 Telepizza Arteixo. Un gran encontro das nosas guerreiras, que tiveron unha melloría en defensa moi boa, e en ataque participando todas e disfrutar xogando. Unha primeira parte que con boas defensas e contraataques distanciándonos e na segunda superon xogar con orden e organizadas para participar todas. Gran vitoria e a seguir loitando.

INFANTIL PRATA.

Oar Coruña 1952 26-25 BM Línea 21 Fixman.
Os infantís de plata con varios despistes defensivos e cunha intensa defensa en contra tentaba non perder a cara o partido. Na segunda parte foron quenes de loitar ata acadar o empate. Aínda así un derradeiro gol do equipo local deixaba os puntos aos nosos veciños.


INFANTIL OURO.


BM Línea 21 Transgalo 41-29 Sar Nosatun.
Os infantís de ouro vencen ao Sara Nosatun nun encontro onde o noso xogo ataque marcou a diferencia. O próximo fin de semana viaxaremos a Pontevedra para afrontar o encontro fronte a un BM Cisne.

ALEVÍN 5.

Primeiro partido da tempada dos alevins 5, empezamos o partido un pouco despitados despois dun longo período sen xogar e foi no último cuarto cando nos centramos e poidemos loitalo mellor ganando ata os últimos minutos no que uns fallos nos fixeron perder. Seguimos traballando para mellorar!

ALEVÍN 7.

BM. Brigantium Nunegal 4-12 BM Linea 21 Auto Escola Copaco
Partido dos nosos nenos onde conseguiron alzarse coa victoria. Cunha intensidade, que se mantivo durante todo o encontro, os nosos mantiveron a ventaxa durante os cuatro cuartos robando unha gran cantidade de balóns e facendo moi difícil que as contrarias marcaran. Seguiremos traballando para preparar o según te partido.

CADETE.

BM Linea 21 Reformas Coruña 38- Bm Culleredo 37.
Os cadetes recibían a un dos rivais directos da categoria, ca baixa de Derek. Ainda así os nosos rapaces demostraron que poden rendir a gran nivel.
Vitoria e a pensar no seguinte encontro.
Oar Coruña 28 – BM Linea 21 Clinica Arealonga 23. Gran encontro do outro equipo cadete, que a pesar da derrota, foron quen de estar por diante a maior parte do encontro.
O cansanzo nos últimos 10 min de partido deron alas o equipo local pa quedar cos 2 puntos.Seguimos traballando, pensando no seguinte encontro fronte o BM Atlántico.

BENXAMÍN.


Bm Linea 21 Wekco.Net 5-8 Bm Culleredo Mármoles Raju. Partido bastante igualado nos tres primeiros cuartos que acadaron un resultado en ambos de 5-8, no cuarto e ultimo os nosos correxiron moitos dos erros, o que colocou un resultado a prol dos nosos de 11-3. Destacar a gran melloria do grupo con respecto aos primeiros dias de adestramento, pronto chegaran as victorias.
Bm Linea 21 Mapfre Los Mallos 12-5 Club Balonman Panaderia de Covas Viveiro.
Victoria nos catro cuartos do encontro con bastante soltura, os nosos foron moi superiores ao rival. Todos os xogadores anotaron goles e disputaron minutos.