SENIOR
Balonman Chapela 37-32 Bm Linea 21 Lignum plus. Encontro clave para loitar pola final four, moi igualado todo o tempo con ventaxas mínimas no marcador que nunca conseguimos romper o marcador na 1ª parte, fumos enganchados todo o tempo pero nos minutos finais donde se decide tivemos varios erros en poucos minutos e foronse no marcador, conseguindo a victoria final.
CADETE
BM Linea 21 Arealonga Clinica Veterinaria 33 – BM Linea 21 Reformas Coruña 51
Encontro que enfrontaba os nosos equipos cadetes. O de menos e o resultado do encontro, o importante é ver como o club crece día a día e vaise consolidando como proxecto.Parabéns a todos!
INFANTIL FEMININO
Bm Abegondo Sumare 20-26 Bm Linea 21 Mi Barrio. Enfrentamento contra o 2º clasificado que comenzou igualado, pero boas defensas conseguimos recuperar balóns, e en ataque supemos facelo ante as variantes defensivas rivais, conseguimos unha ventaxa que fumos controlando no marcador e conseguindo a victoria que nos sitúa na 2ª posición.
INFANTIL MASCULINO OURO
Derrota do BM Línea 21 Transgalo infantil masculino liga Ouro 41-35 fronte ao S.D Teucro uniwash. Unha defensa pouco intensa permitiu ao Teucro encaixar goles con facilidade. O equipo segue aprendendo e correxindo erros para mellorar en casa adestramento!
INFANTIL MASCULINO PRATA
BM Linea 21 Fixman 32 – Colegio Liceo la Paz 27. Victoria traballada dos nosos infantís prata, que a pesar de ter baixas importantes foron quen de continuar coa liña de traballo do equipo.
ALEVÍN 7
Club Balonmano Atlántico 7-9 BM Linea 21 Auto Escola Copaco.
O encontro iniciou cos nosos gañando o primer cuarto, pero un aumento na intensidade dos contrarios provocou o empate do segundo cuarto. Mentres os contrarios non perdían forza alguns erros propios levaron a perder o tercer cuarto, unha vez correxídos os nosos volveron ao campo e gañaron o último cuarto e o partido.
ALEVÍN 5
Enfrontábanse os nosos alevíns 5 ao brigantium. Partido que comenzou e se mantivo moi igualado en tódolos cuartos, máis fomos quen de loitar todas as oportunidades levando a victoria en 3 cuartos.
BENXAMÍN
Bm Linea 21 Mapfre los mallos 6-6 Oar Coruña 1952.Partido contra un rival directo polos postos altos da clasificación. Os nosos rapaces sairon moi activos no primer cuarto e no terceiro permitindo acadar a victoria nos mesmos. No segundo e no cuarto cuarto, varios erros en pases e desaxustes defensivos fixeron que o rival superase aos nosos. Partido moi igualado no que a maioria dos cuartos pudo gañar calquer equipo, seguiremos correxindo os erros nos adestramentos e traballando con este gran grupo.
Colegio Liceo La Paz Blanco 11-5 Bm Linea 21 Webko
Partido difícil ante un Liceo cun bo xogo. Ainda asi, no segundo cuarto, os nosos comezaron a xogar con pases cortos, sen case erros na saida de balon, logrando un gran empate. No resto de encontro varios erros de lanzamento e perdidas de balon innecesarias colocaron o marcador a prol do Liceo. Seguir traballando dia a dia, nos adestramentos para xogar como no segundo cuarto para acadar pronto novas victorias.