CRÓNICA INFANTILES

Librería Dalvi Lalín (15) Academia Pluralia Bm Linea 21 (26)
Na mañá do sábado o equipo infantil afrontaba con moita ilusión o comezo da segunda fase da liga ; neste caso enfrontábase ao equipo da comarca de Deza no Pabellón Municipal de Lalín. O comezo do partido foi bastante igualado no que non había un claro dominador do encontro. A partir do minuto 10 da primeira parte o noso equipo infantil foi capaz tanto de asentar a súa defensa 6:0 como tanto 5:1 o que fixo que empezara a distanciarse no marcador ; obrigando o conxunto local tempo morto. Tras isto o Bm Lalín subiu a defensa , pero o conxunto coruñés foi capaz de superalo sin complicacións chegando ao descanso con ventaxa cun marcador de 7-17.
Na segunda parte o encontro foi moi igualado alternando tanto parciais positivos para ambos conxuntos ; chegando a un resultado final de 15-26.
Para a vindeira semana o equipo infantil recibe en Novo Mesoiro ao Somega Rasoeiro Bm no que pretenderá seguir coa mesma dinámica de xogo e seguir progresando.

#linea21#somosl21#novomesoiro

CRÓNICA BENXAMÍN

BM Línea 21 Reformas Coruña 4-12 BM Abegondo
Partido moi complicado o desta pasada fin de semana que nos enfrontaba contra os actuais líderes da liga. Unha gran superioridade ofensiva permitiu ao equipo rival manter o control do encontro durante os catro cuartos do mesmo. Os nosos non puideron sobrepoñerse a un primer cuarto no que o Abegondo chegou a poñerse a dez goles de vantaxe.
Pese á dureza do resultado, sempre é importante aprender do acontecido e saber que aínda queda moito marxe de mellora.

#linea21#somosl21#novomesoiro

CRÓNICA ALEVÍN

Pontedeume 10-6 BM Línea 21

Este sábado os alevíns 5 enfrontáronse ao Pontedeume nun partido moi intenso no que os rapaces deron o mellor deles. Aínda que non foron capaces de alcanzar a victoria os rapaces esforzáronse e demostraron o moito que melloraron.

#linea21#somosl21#novomesoiro

CRÓNICA SENIOR 4/5 FEBREIRO

BM linea 21 Lignum Plus 30 – Balonman Narón 24

Na tarde de onte os senior recibían ao segundo clasificado, en xogo 2 puntos e o liderazgo do grupo.

Con todo eso presente en cada un dos compoñentes do equipo, os rapaces do senior foron quen de facer o mellor encontro da tempada, a intensidade montada de principio a fin sobre todo na inmensa defensa comandada por Dacio e Zas facían imposible que os ataques do Narón foran sinxelos, a solidaridad de todos os que participaron nesta fase do xogo axudaba a que Diego en portería fixera un gran encontro.

No ataque a pesar de ter só 3 primeiras liñas, a madurez demostrada nas diferentes situacións complicaba que o equipo visitante parara o xogo local.

No día de onte temos varios aspectos a destacar. O gran encontro realizado por Eloy, a gran afluencia de xente do club para animar aos seus e sobre todo o grupo de xogadores senior que afrontan esto como unha familia.

Parabéns a todos polo gran espectáculo de onte.

#linea21#somosl21#novomesoiro

CRÓNICA INFANTIL 4/5 FEBREIRO

Na mañá do sábado o noso equipo infantil visitaba Ferrol para enfrontarse ao Tirso de Molina. Durante todo o encontro o noso equipo non foi capaz de mostrar o seu xogo habitual debido a que non soupo establecer o seu ritmo propio de xogo e adaptouse a un ritmo do conxunto local moi lento do que non foi capaz de cambiar en case ningunha fase do encontro ; con todo isto destacar o gran esforzo de todo o equipo para conseguir estes dous puntos tras un resultado de 19-24.
Con todo isto o Academia Pluralia Bm Linea 21 finaliza esta primeira fase da liga nunha meritoria cuarta posición nunha liga moi igualada a tan só dous puntos dos primeiros postos.
Na vindeira semana comeza a segunda fase na que aos nosos infantís lles tocará viaxar máis e afrontarana coa máxima ilusión posible de seguir aprendendo e mostrar o resultados dos adestramentos.

#linea21#somosl21#novomesoiro

crónica BENXAMÍN 4/5 febreiro

Os nosos pequenos enfrontábanse contra o Culleredo nunha saída, a priori intensa. Os rapaces sairon moi espabilados no primeiro cuarto pero o exceso de confianza no segundo e terceiro fixeron que os nosos rivais fosen quen de aproveitar a ocasión. Despois duns axustes defensivos, os nosos rapaces loitaron como saben rematando o partido con un parcial 8-8. Queda traballo por realizar, aínda que debemos recoñecer o avance e traballo dos nosos xogadores.

#linea21#somosl21#novomesoiro

CRÓNICA SENIOR

Club balonmán Miño 23- BM linea 21 Lignum Plus 28
Saída complicada ateigada de baixas nos senior.
12 xogadores dos cales só 3 primeiras liñas afrontaron o difícil encontro en terras ourensás.
A pesar das circunstancias, o equipo foi quen de dar o mellor de si na faceta defensiva , poñendo en complicacións os ataques locais. Esta boa defensa propiciou grandes accións de contraataque acompañadas sempre polo bo partido de Diego en portería.
2 puntos que nos achegan un pouco máis a seguinte fase.
Esta semana recibiremos ao Narón co liderazgo do grupo en xogo.
Desexamos ofrecer un gran espectáculo ante a nosa afición.

#linea21#somosl21#novomesoiro