CRÓNICA INFANTILES

Librería Dalvi Lalín (15) Academia Pluralia Bm Linea 21 (26)
Na mañá do sábado o equipo infantil afrontaba con moita ilusión o comezo da segunda fase da liga ; neste caso enfrontábase ao equipo da comarca de Deza no Pabellón Municipal de Lalín. O comezo do partido foi bastante igualado no que non había un claro dominador do encontro. A partir do minuto 10 da primeira parte o noso equipo infantil foi capaz tanto de asentar a súa defensa 6:0 como tanto 5:1 o que fixo que empezara a distanciarse no marcador ; obrigando o conxunto local tempo morto. Tras isto o Bm Lalín subiu a defensa , pero o conxunto coruñés foi capaz de superalo sin complicacións chegando ao descanso con ventaxa cun marcador de 7-17.
Na segunda parte o encontro foi moi igualado alternando tanto parciais positivos para ambos conxuntos ; chegando a un resultado final de 15-26.
Para a vindeira semana o equipo infantil recibe en Novo Mesoiro ao Somega Rasoeiro Bm no que pretenderá seguir coa mesma dinámica de xogo e seguir progresando.

#linea21#somosl21#novomesoiro