CRÓNICA BENXAMÍN

BM Línea 21 Reformas Coruña 4-12 BM Abegondo
Partido moi complicado o desta pasada fin de semana que nos enfrontaba contra os actuais líderes da liga. Unha gran superioridade ofensiva permitiu ao equipo rival manter o control do encontro durante os catro cuartos do mesmo. Os nosos non puideron sobrepoñerse a un primer cuarto no que o Abegondo chegou a poñerse a dez goles de vantaxe.
Pese á dureza do resultado, sempre é importante aprender do acontecido e saber que aínda queda moito marxe de mellora.

#linea21#somosl21#novomesoiro