CRÓNICA SENIOR

BM linea 21 Lignum Plus 36- balonmán Camariñas 21
Con esta victoria rematamos a primera fase da liga coma líderes do noso grupo.
Polo que a clasificación da seguinte fase queda desta maneira.

1. Atletico Guardes 12 puntos
2. BM linea 21 Lignum Plus 9 puntos
3. BM Narón 9 puntos
4. UB lavadores 8 puntos
5. BM loriga 6 puntos
6. Sanxenxo balonmán 4 puntos
7. Balonman Miño 0 puntos
8. Bueu 0 puntos

O primeiro encontro da fase final comezará a fin de semana do 4-5 de marzo.

#linea21#somosl21#novomesoiro

CRÓNICA INFANTIL

Academia Pluralia Bm Linea 21 (30) Somega Rasoeiro Bm (16)
Na mañá do sábado o equipo infantil recibía ó equipo do Grove na segunda xornada desta segunda fase. Durante todo o encontro o equipo local mostrouse superior basando a diferencia final nunha gran defensa o que permitiu realizar un gran partido tanto a Adrián como Brais baixo a portería.
Nesta vindeira semana o equipo infantil desprázase a Arousa co obxetivo de realizar un gran encontro e intentar voltar cos dous puntos.

#linea21#somosl21#novomesoiro

CRÓNICA SENIOR

CP Lucense 25 – BM Linea 21 Lignum Plus 31

Última saída desta primeira fase a terras lucenses.

O equipo senior desprazábase a Lugo ca clasificación asegurada para a seguinte fase.

O encontro non foi cómodo en ningún momento, malia a superioridade no xogo, a relaxación nos xogadores propiciaba diversos erros tanto en ataque coma na defensa.

Na segunda parte despois dunha arenga por parte do corpo técnico, os xogadores foron quen de amosar a súa mellor versión.

Esta próxima fin de semana recibimos ao Camariñas, encontro no que o equipo da costa da morte se xoga a clasificación.

#linea21#somosl21#novomesoiro

CRÓNICA XUVENIL

Último partido da temporada, que nos enfrentaba ao líder, presentábase complicado polas baixas que arrastrabamos e a baixa de Victor e Miguel de última hora. En un partido sin transcendencia realizáronse probas de cara aos partidos de copa. Un gran partido de Xavi novamente en portería que a pesar do resultado realizou unha gran labor e acabou xogando uns minutos en ataque de premio por prestarse a ser porteiro todo o ano xa que non tiñamos. Moi bo partido de Adrián que tras todo o ano intentando e insistindo porfin se soltou. O resultado o de menos 17-35 finalizando sen ningún incovenciente que eso e o máis importante para nòs. Agora a preparar a copa.

#linea21#somosl21#novomesoiro

CRÓNICA INFANTILES

Librería Dalvi Lalín (15) Academia Pluralia Bm Linea 21 (26)
Na mañá do sábado o equipo infantil afrontaba con moita ilusión o comezo da segunda fase da liga ; neste caso enfrontábase ao equipo da comarca de Deza no Pabellón Municipal de Lalín. O comezo do partido foi bastante igualado no que non había un claro dominador do encontro. A partir do minuto 10 da primeira parte o noso equipo infantil foi capaz tanto de asentar a súa defensa 6:0 como tanto 5:1 o que fixo que empezara a distanciarse no marcador ; obrigando o conxunto local tempo morto. Tras isto o Bm Lalín subiu a defensa , pero o conxunto coruñés foi capaz de superalo sin complicacións chegando ao descanso con ventaxa cun marcador de 7-17.
Na segunda parte o encontro foi moi igualado alternando tanto parciais positivos para ambos conxuntos ; chegando a un resultado final de 15-26.
Para a vindeira semana o equipo infantil recibe en Novo Mesoiro ao Somega Rasoeiro Bm no que pretenderá seguir coa mesma dinámica de xogo e seguir progresando.

#linea21#somosl21#novomesoiro

CRÓNICA BENXAMÍN

BM Línea 21 Reformas Coruña 4-12 BM Abegondo
Partido moi complicado o desta pasada fin de semana que nos enfrontaba contra os actuais líderes da liga. Unha gran superioridade ofensiva permitiu ao equipo rival manter o control do encontro durante os catro cuartos do mesmo. Os nosos non puideron sobrepoñerse a un primer cuarto no que o Abegondo chegou a poñerse a dez goles de vantaxe.
Pese á dureza do resultado, sempre é importante aprender do acontecido e saber que aínda queda moito marxe de mellora.

#linea21#somosl21#novomesoiro

CRÓNICA ALEVÍN

Pontedeume 10-6 BM Línea 21

Este sábado os alevíns 5 enfrontáronse ao Pontedeume nun partido moi intenso no que os rapaces deron o mellor deles. Aínda que non foron capaces de alcanzar a victoria os rapaces esforzáronse e demostraron o moito que melloraron.

#linea21#somosl21#novomesoiro