CRÓNICA SENIOR

CP Lucense 25 – BM Linea 21 Lignum Plus 31

Última saída desta primeira fase a terras lucenses.

O equipo senior desprazábase a Lugo ca clasificación asegurada para a seguinte fase.

O encontro non foi cómodo en ningún momento, malia a superioridade no xogo, a relaxación nos xogadores propiciaba diversos erros tanto en ataque coma na defensa.

Na segunda parte despois dunha arenga por parte do corpo técnico, os xogadores foron quen de amosar a súa mellor versión.

Esta próxima fin de semana recibimos ao Camariñas, encontro no que o equipo da costa da morte se xoga a clasificación.

#linea21#somosl21#novomesoiro