Senior BM línea21 Lignum Plus 31 – 28 CP Lucense

Retomamos a competición despois do parón polas seleccións galegas.
Recibimos o Lucense, co único propósito de sumar outros 2 puntos máis no casilleiro, pero a pesar de acadar o obxectivo, o encontro non transcurriu coma se esperaba.
Ao equipo faltáballe a chispa doutros encontros, a pesar da boa defensa da primeira parte en ataque os nosos andiveron bastante espesos, a saída de Alex no centro dou un pouco máis de aire ao xogo e foi quen de distanciar o equipo.
Destacamos o bo encontro de Toño, dándolle a solidez que o equipo necesita en momentos difíciles.

Para s semana temos unha saída das complicadas ante un Camariñas.

#linea21#somosl21#novomesoiro

 Infantís Garaysa Xiria B 25- 34 BM Línea21 Academia Pluralia

Tiñamos que afrontar a priori unha difícil visita a Carballo para enfrontarse ao Garaysa Xiria B.
Dende o comezo o Academia Pluralia Bm Línea21 saliu moi enchufado en tarefas defensivas permitindo chegar ao descanso 7-19. Na segunda metade a dinámica do encontro foi a mesma chegando a un marcador final de 25-34 . Destacar a gran aportación de tòdolos xogadores ; especialmente a de Brais baixo a portería que foi un muro para os xogadores carballeses.
Para a vindeira semana o Academia Pluralia Bm Línea 21 recibe ao Arteixo Balonmán no que se espera que manteñan esta línea de xogo.

#linea21#somosl21#novomesoiro

 Xuveniles BM Culleredo Óptica Gallaecia 35-24 BM Línea21 A2iC Celulosas

Tiñamos saída frente ao Culleredo que afrontabamos coa baixa de Victor Gonzalez por lesión, e Miguel Rial por motivos persoais. Comezouse o partido moi ben indo por diante e facendo un bo xogo pero recibimos pronto a expulsion por vermella directa de Dani Gonzalez e a lesión de Hugo Bello (que confirma rotura de tibia) e fomos ao descanso perdendo de 2. Reanudamos o partido enfocándoo doutra maneira polas ausencias pero foise complicando por pérdidas e contraataques no que lograron despegarse do marcador. Tamén nos quedamos sen Adrián Novio por 3 exclusiòns e tocou aguantar ata o final no que perdemos 35-24 resultado duro pero ante todo o sucedido sò queda recuperarse. Gran partido de Alex sendo o pilar atacante, o máis importante darlle ánimos aos nosos xogadores ausentes e a pronta recuperación de Hugo Bello que pronto o teremos con nòs dando guerra de novo.

#linea21#somosl21#novomesoiro

Alevíns 7 Bm Línea21 Restaurante Cho 10-6 Club Balonmano Atlántico

No primeiro cuarto os nosos alevíns saliron máis enchufados e distanciarse no marcador a través de contraataques. Nos dous seguintes cuartos ningún equipo conseguiu distanciarse no marcador e remataron con táboas. No derradeiro cuarto o equipo local saliu cun plus de intensidade e concentración co obxetivo de gañar o cuarto e o encontro ; este esforzo dou froitos quedando a victoria en Mesoiro.
Nesta semana o Bm Línea21 Restaurante Cho afronta dous difíciles encontros a domicilio ; contra o Abegondo e o Culleredo respectivamente.

#linea21#somosl21#novomesoiro

ALEVÍN 5 Arteixo Restaurante Abuín 12- 4 BM Línea21 Autos Pallas

O partido da categoría Alevín 5 que enfrontaba aos nosos co Bm Arteixo no pavillón de Oseiro finalizaba con victoria local por 12-4.

Un partido marcado pola intensidade defensiva de ambos equipos decantouse do lado do equipo amarelo en parte gracias a unha gran labor individual dalgúns dos seus xogadores e dunha gran solidez na porteria. O partido, que por algúns momentos volveuse bastante tenso estivo moi axustado á hora de decidir quen se levaba cada cuarto, xa que a diferencia de goles ao final de cada un era mínima.

Cabe destacar a gran capacidade dos nosos de non baixar os brazos a pesar da dureza e intensidade do xogo. A valoración é positiva pese a que todavía quedan moitos aspectos por pulir e que de cara ao transcurso da tempada será moi importante mellorar.

#linea21#somosl21#novomesoiro

BENXAMÍNS Óptica Auris Xiria 10- 6 BM Línea21 Reformas Coruña

O equipo benxamín enfrentouse por partida dobre ao Xiria. Ambos partidos finalizaron con derrota para os nosos, por 10-6 o primeiro e 12-4 o segundo. Malia o resultado, todos os rapaces remataron o partido cun sorriso e orgullosos da súa actuación ante un equipo superior en moitos aspectos e notablemente máis rodado, especialmente os debutantes e os prebenxamíns que asistiron a botar unha man aos seus compañeiros.

Afrontamos unha nova semana de entrenamentos con ilusión e coas pilas ben cargadas.

#linea21#somosl21#novomesoiro