Xuveniles BM Culleredo Óptica Gallaecia 35-24 BM Línea21 A2iC Celulosas

Tiñamos saída frente ao Culleredo que afrontabamos coa baixa de Victor Gonzalez por lesión, e Miguel Rial por motivos persoais. Comezouse o partido moi ben indo por diante e facendo un bo xogo pero recibimos pronto a expulsion por vermella directa de Dani Gonzalez e a lesión de Hugo Bello (que confirma rotura de tibia) e fomos ao descanso perdendo de 2. Reanudamos o partido enfocándoo doutra maneira polas ausencias pero foise complicando por pérdidas e contraataques no que lograron despegarse do marcador. Tamén nos quedamos sen Adrián Novio por 3 exclusiòns e tocou aguantar ata o final no que perdemos 35-24 resultado duro pero ante todo o sucedido sò queda recuperarse. Gran partido de Alex sendo o pilar atacante, o máis importante darlle ánimos aos nosos xogadores ausentes e a pronta recuperación de Hugo Bello que pronto o teremos con nòs dando guerra de novo.

#linea21#somosl21#novomesoiro