Esta fin de semama os nosos pequenos do Linea 21 Reformas Coruña enfrontábanse ao Bm Gas Abegondo. O partido rematou nun 9-7 para os nosos, aínda que non nos acabamos de amoldar á forma de xogo dos nosos rivais.
O primeiro e o terceiro cuarto resultaron un respiro para os nosos, pois foron os que nos axudaron a vencer. O segundo rematou en empate e o último, onde cansanzo e fatiga fixeron mella, rematou en victoria para os nosos rivais.
CRÓNICA SENIOR 14/16 ABRIL
Esta fin de seman tivemos un doble enfrontamento ante o Sanxenxo Balonmán.
Ambos encontros acabaron coa victoria para os nosos.
O sábado en Sanxenxo os senior demostraron todo o potencial ofensivo, facendo imposible que a defensa do equipo local fóra quen de parar as rápidas contras.
O domingo na casa o encontro transcurriu con outro guión. Axustes defensivos do equipo de Sanxenxo dificultou moito máis o xogo.
4 puntos vitales para seguir na loita polo ansiado ascenso
CRÓNICA BENXAMÍN 14/16 ABRIL
Este fin de semana a xornada para os nosos pequenos viña chea de balonmán despois de volver das vacaciòns.
O venres, a @fedgalegabm organizou un torneo de 5×5, ao que non iamos faltar. Non tivemos moita sorte, xa que os equipos de Culleredo amosáronse moi cómodos en ambos os dous encontros xogados.
Ao dia sefuinte, a xornada no pavillòn de Tarrío enfrontábanos ao Arteixo feminino no que o noso equipo se mantivo moi seguro durante o encontro, rematando así nun 4-12 para o Línea21. O seguinte e último partido da fin de semana, enfrontábanos contra o Tirso de Molina, onde os nosos rapaces deron a cara como saben, aínda que o partido non rematou como nos gustaría a pesar de dalo todo na pista. Rematamos con un 4-12 no marcador, saíndo o rival vencedor por moi pouca diferenza de goles en cada cuarto.
Crónica ANDEBOLMANIA 5-6 ABRIL
@s xogador@s do clube despertaron cedo para disputar o torneo internacional ANDEBOLMANIA 2023 que se está a celebrar en Sān Joao de Madeira.
Na sesión da mañá comezaron os xuvenís que se enfrentaron contra o Sporting de Lisboa B, que foron moy superiores tanto en ataque coma en defensa con combinaciòns entrenadas, o resultado foi de 40-15 a prol do equipo portugués.
Ás 15:00 horas, enfrontáronse os infantís contra o equipo local de Madeira, comezaron un pouco imprecisos no ataque, por mor do madrugón e na defensa sin moitas axudas, a medida que se correxían estas imprecisions, e melloraban os erros despegábanse no marcador. O final gañaron LINEA 21 11 -ADS 22
Continuaron esta xornada os alevíns que se enfrontaban ao ACOF portugués, un equipo inexperto e todavía pouco traballado que non deron traballo aos nosos rapaces nin en defensa nin en ataque cun resultado final de victoria 36-6.
Este maratoniano día, rematou cun enfrontamento dos xuvenís contra o CC LOULE. Foi un partido reñido e máis no primeiro tempo onde houbo alternativas no marcador que xurdían de boas defensas e varios contraataques propiciados por esas defensas e con boas intervenciòns do porteiro. Na segunda parte os coruñeses despegáronse e rematou cunha victoria fronte aos xogadores do Algarve 22- 15
Resumo do día: -Xuvenís: Sporting Lisboa B 40- BM. LINEA 21 15 -Xuvenís: BM LÍNEA 21 22- CC LOULE 15 – Infantís : ADS 11 – BM. LÍNEA21 22
– Alevíns: BM. LÍNEA 21 36- ACOF 6
Segunda xornada do LINEA 21 EnSan joāo de Madeira no que se acadaron diferentes resultados, na categoría alevín solventouse cun marcador olgado fronte o equipo vasco, Unha boa defensa de anticipación, o igual que cortes de balón en defensa fixo que o equipo se despegara no marcador, na segunda parte traballouse mellor na anticipación e disuasión do balón aumentado a vantaxe. Bo traballo dos xogadores e descansar para mañá.
BM. LÍNEA 21 34 -CAUTCHÚ B 8
Xuvenís:
Os nosos xogadores enfrontánronse a un moi bo equipo, que non tiña fisuras tanto en defensa, como en ataque, a pesares de ofrecer resistencia os primeiros compases do encontró, grazas o seu central e xogo de pivote foron aloxándose no marcador. O noso porteiro fixo moitas paradas de mérito que mantuvo a diferencia estable e inda así a Nosa defensa tivo erros que lastraban acercarse ò marcador. O partido finalizou co resultado BECA 40 – BM. LINEA 21 10
O segundo partido dos xuvenís contra un gran equipo catalán con xogadores moi técnicos, que solventaron o encontro sin forzar a máquina. O ataque dos catalans foi moi fluido gracias a alegría que lle daba o xogo un gran central acompañado duns extremos rápidos e letales en contraataque, a defensa estivo lenta por mor de tantos partidos, aínda así os xogadores deron a talla.
BM LÍNEA 21 35 – CH SANT ANDREU 25
Infantís:
Tocoulles hoxe xogar co equipo portugués, de moi bo nivel, o partido estivo igualado ò longo dos 50 minutos.
CRÓNICA SENIOR
BM Linea 21 Lignum plus 33 – UB Lavadores 23
A pesar do abultado do resultado o noso equipo non estivo cómodo en ningún momento do encontro.
Algúns desaxustes en defensa e a falta de continuidade en momentos de partido facía que o equipo non fóra quen de despegarse do equipo Vigués ata os comezos da segunda parte.
Destacamos a brillante actuación de Diego en portería así como o début dos primeiras liñas Mateo e Urbieta.
CRÓNICA INFANTIL
Academia Pluralia Bm Línea 21 (25) – Seis do Nadal Coia B (11)
Na mañá domingo os nosos infantís recibían ao equipo de Vigo co obxetivo de conseguir os dous puntos e seguir ó fronte da clasificación. O conxunto local amosouse superior en todo momento cunha gran actuación de Brais basada nunha defensa sólida. Sin embargo o ataque non foi todo o fluído como no resto de partidos ao non saber impor un ritmo propio e adaptarse en exceso a un ritmo demasiado lento por parte dos de Coia.
Con estes dous puntos os nosos infantís seguen na zona noble da clasificación . Para a vindeira semana visitan ao Colegio Liceo La Paz nun encontro que se espera que se moi reñido e que se decanto por un dos conxuntos en pequenos detalles como foi o encontro da primeira fase.
CRÓNICA ALEVÍN
BM Culleredo Ascor Consulting 12 – BM linea 21 Restaurante Cho 4
Na mañá do domingo os nosos alevíns visitaban o pavillón de Almeiras para enfrontarse a un dos mellores equipos da categoría, aínda que non foron quen de conseguir empatar nin gañar ningún cuarto, estiveron loitando en cada un deles, obrigando ao equipo local a dar o mellor de sí para sacar o encontro adiante.
Un orgullo a mellora, o traballo e o compromiso destes brillantes rapaces.