CRÓNICA BENXAMÍN 14/16 ABRIL

Este fin de semana a xornada para os nosos pequenos viña chea de balonmán despois de volver das vacaciòns.
O venres, a @fedgalegabm organizou un torneo de 5×5, ao que non iamos faltar. Non tivemos moita sorte, xa que os equipos de Culleredo amosáronse moi cómodos en ambos os dous encontros xogados.
Ao dia sefuinte, a xornada no pavillòn de Tarrío enfrontábanos ao Arteixo feminino no que o noso equipo se mantivo moi seguro durante o encontro, rematando así nun 4-12 para o Línea21. O seguinte e último partido da fin de semana, enfrontábanos contra o Tirso de Molina, onde os nosos rapaces deron a cara como saben, aínda que o partido non rematou como nos gustaría a pesar de dalo todo na pista. Rematamos con un 4-12 no marcador, saíndo o rival vencedor por moi pouca diferenza de goles en cada cuarto.

#linea21#somosl21#novomesoiro