CRÓNICA INFANTIL

Academia Pluralia Bm Línea 21 (25) – Seis do Nadal Coia B (11)
Na mañá domingo os nosos infantís recibían ao equipo de Vigo co obxetivo de conseguir os dous puntos e seguir ó fronte da clasificación. O conxunto local amosouse superior en todo momento cunha gran actuación de Brais basada nunha defensa sólida. Sin embargo o ataque non foi todo o fluído como no resto de partidos ao non saber impor un ritmo propio e adaptarse en exceso a un ritmo demasiado lento por parte dos de Coia.
Con estes dous puntos os nosos infantís seguen na zona noble da clasificación . Para a vindeira semana visitan ao Colegio Liceo La Paz nun encontro que se espera que se moi reñido e que se decanto por un dos conxuntos en pequenos detalles como foi o encontro da primeira fase.

#linea21#somosl21#novomesoiro