SENIOR
Distevi seis do nadal-Coia 40-23 Bm Linea 21 Lignum Plus. Enfrontamento contra o 1º clasificado, un encontro no que tiveron as rendas do marcador dende o inicio do partido con unha renta de 5 tantos que a medida que avanzaba o encontro se distanciaban mais sin ter oportunidade de recortar esa distancia. Derrota dura que nos situa nos postos de abaixo a falta dun encontro por xogar.
CADETE
Crónica: Balonmán Culleredo 49 – Balonmán Liña 21 Clínica ÁreaLonga 42. Aínda que o marcador final non nos foi favorable, o noso equipo cadete deixou todo na pista e deu a súa mellor versión. Durante boa parte do partido, logramos que o rival non se distanciase mantendo unha loita constante e sen rendernos. A falta de dez minutos o esforzo acumulado pasounos factura e o Culleredo aproveitou para abrir unha vantaxe definitiva. Con todo esta derrota sabe a vitoria: vitoria de equipo, de compromiso e de crecemento individual.
INFANTIL MASCULINO OURO
Bm Porriño A 32-40 BM Línea 21 Transgalo.
2 puntos que sumamos nun encontro onde o equipo Coruñés marcou o ritmo de xogo. O equipo segue aprendendo ,crecendo e desfrutando do balonmán!
INFANTIL FEMININO
Bm Linea 21 Mi Barrio 38-18 Club Balonman Viveiro. Seguimos na loita por estar arriba a pesares dunha primeira parte con erros, na segunda saíron moi enchufadas distanciándose no marcador para acabar conseguindo a vitoria.
ALEVÍN 7
Bm Linea 21 Auto Escola Copaco 10-6 Bm Oar Coruña 1952. O encontro iniciou cos nosos nenos gañando o primeiro cuarto, o segundo viuse marcado por un aumento da intensidade do rival o que nos levou a perder o cuarto, ainda así despois duns axustes e elevar a intensidade tanto na ofensiva coma na defensa os nosos xogadores lograron ganar os dous últimos cuartos.
BENXAMÍN
Bm Linea 21 Mapfre los Mallos 10-6 Augas do Paraño Xiria . Partido moi intenso, fronte un rival que compite por estar nos postos altos da clasificación. Os nervios do principio, provocaron erros en pases, defensivos e en lanzamentos, colocando taboas nos dous primeiros cuartos. Nos ultimos, os nosos xogaron moi ben, gañando ambos por 1 gol.
Bm Linea 21 Webko 9-7 Herfraga Xiria
Partido clave para obter puntos e seguir sumando na clasificación. Varios erros de lanzamento privaronnos de gañar o primer cuarto. Nos seguintes, os rapaces superonse sobrepoñer aos mesmos, destacando unha moi boa lavor defensiva. Gañando o segundo e o cuarto, e empatando o terceiro.