CLUB BALONMAN LINEA 21

Paxina web oficial

Menú

Saltar al contenido
  • Inicio
  • O Club
    • Historia
    • Saudo do presidente
    • Xunta Directiva
    • Equipo técnico
    • Aviso Legal
  • Multimedia / Fotos / Videos
  • Colaboradores
  • ANPAS
  • Equipaciones
  • PROTOCOLO SEGURO
  • CUOTAS
  • Area club
    • Alta na federación
    • Alta no Club

HORARIOS DE ADESTRAMENTO 2022/2023

Publicado el 08/19/2020 por Alberto
Guarda el enlace permanente.

Navegación de entradas

← Luns 18 as 18:30 videoconferencia con….
Himno do club →

Instagram Bm Linea21

bmlinea21

Entrada de Instagram 17973900836284245 Entrada de Instagram 17973900836284245
CRÓNICA SENIOR BM Linea 21 Lignum plus 33 - UB CRÓNICA SENIOR 

BM Linea 21 Lignum plus 33 - UB Lavadores 23

A pesar do abultado do resultado o noso equipo non estivo cómodo en ningún momento do encontro.
Algúns desaxustes en defensa e a falta de continuidade en momentos de partido facía que o equipo non fóra quen de despegarse do equipo Vigués ata os comezos da segunda parte.
Destacamos a brillante actuación de Diego en portería así como o début dos primeiras liñas Mateo e Urbieta.
CRÒNICAS XORNADA 18/19 Marzo BENXAMÍN O sábad CRÒNICAS XORNADA 18/19 Marzo 

BENXAMÍN
O sábado os nosos pequenos enfrontábanse a unha xornada con dous partidos que nos poñían como contrarios a dous equipos do Arteixo.
O primero partido rematou nun 5-11, un partido no que os nosos tiveron unha floxera en defensa e os nosos contrarios foron quen de aproveitar saíndo eles vitoriosos.
O segundo partido da xornada presentòusenos moito máis doado, onde os nosos se viñeron arriba na maioría de acciòns de xogo, facendo que o resultado fose igual que o anterior pero ao noso favor. 

INFANTIL
Academia Pluralia Bm Línea 21 (25) - Seis do Nadal Coia B (11)
Na mañá domingo os nosos infantís recibían ao equipo de Vigo co obxetivo de conseguir os dous puntos e seguir ó fronte da clasificación. O conxunto local amosouse superior en todo momento cunha gran actuación de Brais basada nunha defensa sólida. Sin embargo o ataque non foi todo o fluído como no resto de partidos ao non saber impor un ritmo propio e adaptarse en exceso a un ritmo demasiado lento por parte dos de Coia. 
Con estes dous puntos os nosos infantís seguen na zona noble da clasificación . Para a vindeira semana visitan ao Colegio Liceo La Paz nun encontro que se espera que se moi reñido e que se decanto por un dos conxuntos en pequenos detalles como foi o encontro da primeira fase.

ALEVÍN
BM Culleredo Ascor Consulting 12 - BM linea 21 Restaurante Cho 4
Na mañá do domingo os nosos alevíns visitaban o pavillón de Almeiras para enfrontarse a un dos mellores equipos da categoría, aínda que non foron quen de conseguir empatar nin gañar ningún cuarto, estiveron loitando en cada un deles, obrigando ao equipo local a dar o mellor de sí para sacar o encontro adiante.
Un orgullo a mellora, o traballo e o compromiso destes brillantes rapaces.
Entrada de Instagram 17960544158234566 Entrada de Instagram 17960544158234566
Despois de varios meses temos de volta o noso 15, Despois de varios meses temos de volta o noso 15, a Hugo Bello💪🏼💪🏼💪🏼
CRÒNICAS 11/12 Marzo ALEVÍN Os nosos alevíns d CRÒNICAS 11/12 Marzo

ALEVÍN
Os nosos alevíns desprazáronse ata O Porriño para disputar un amigable realizando un gran encontro, con unha boa defensa e un gran contraataque. Foi unha nova experiencia da que sempre se aprenden cousas novas. Despois do partido os nenos puideron presenciar o encontro de ABF Liga Iberdrola entre o @bmporrino e o @bmgranollers Gracias ao persoal do Porriño.

INFANTIL 
Balonmán Porriño (27) Academia Pluralia Bm Línea 21 (31). 
Na tarde do sábado o noso equipo infantil visitaba ao Balonmán Porriño nun partido que se antoxaba moi reñido e competitivo. 
Os nosos entraron o partido con algunha dúbida añadido a que o porteiro local comezou moi acertado dixo que tomaran as primeiras ventaxas no marcador. Tras un tempo morto os nosos infantiles saíron cun extra de intensidade dándolle a volta o marcador chegando ao descanso cun resultado de 13-16. Na segunda parte o encontro seguiu coas mesma dinámica o que permitiu os nosos infantiles a irse no marcador ata os sete goles ; o equipo porriñés subiu a defensa a un 3:3 moi presionante o que fixo que se acercaran ao marcador ata o pitido final cun resultado de 27-31.  Esta semana recibimos ao Seis do Nadal - Coia B no que os nosos infantís queren seguir co pleno de victorias.

BENXAMÍN
O sábado os nosos pequenos enfrontábanse ao Oar 1952, unha saída que se amosaba moi reñida e igualada. Seguindo as nosas expectativas, o encontro rematou en empate acabando cada cuarto con resultados moi igualados. Seguiremos mellorando e aprendendo.

XUVENIL 
Rivadavia 35 - linea21 25.
Con un bo equipo, os primeros minutos atragantóusenos a defensa 6-0  e non metimos o primeiro gol ata o minuto 5, e apartires dese momento xa fomos a remolque no marcador. Desaxustes na defensa no primeiro tempo fixo que se desplegara no marcador. O segundo tempo mellorouse moito en defensa con axudas e intensidade acercámonis no marcador, camdo o equipo rival cambiou a defensa a 5-1 un pouco máis aberta deixando espazos para os nosos xogadores, ainda así tras varios erros nos últimos minutos despegárose definitivamente. Gran traballo en defensa neste segundo tempo pero aínda así non conseguimos achegarnos.
➡️Fichaxes.
Anunciamos dúas incorporacións ò equipo senior de cara ò tramo final de liga.
Andrés Urbieta, primeira liña procedente das Escolas Balonmán Xiria e Mateo Martín procedente do OAR.
Ámbolos 2 entran no proxecto co obxetivo de axudar ao clube a seguir crecendo.
Benvidos!!
Entrada de Instagram 17974168901124349 Entrada de Instagram 17974168901124349
Crónica SENIOR Bm linea 21 Lignum plus 34 -Bm Bu Crónica SENIOR

Bm linea 21 Lignum plus 34 -Bm Bueu 24

Victoria no primeiro encontro do grupo polo título.
Despois do mal sabor de boca da semana pasada na copa, o equipo saliu centrado na importancia dos puntos en xogo.
Un gran inicio defensivo , acompañado pola boa actuación na portería de Gaby fixo que o encontro se empezará a decantar dende os primeiros minutos.
Un pequeno baixón na finalización deixou o equipo de Bueu acercarse ata 1 gol. Un tempo morto chamou a filas aos xogadores que volveron a coller as rendas do encontro.
CRÒNICAS XORNADA 4/5 Marzo BENXAMÍN Os nosos pe CRÒNICAS XORNADA 4/5 Marzo

BENXAMÍN
Os nosos pequenos enfrontábanse contra o Bm OAR, unha saída que se mantivo bastante igualada durante todo o encontro.
A melloría na actitude dos nosos pequenos tanto en adestramentos como en partidos está axudando a mellorar en todos os aspectos e conseguir resultados.
Isto non significa que nos vaiamos a relaxar, seguiremos dándoo todo e esforzándonos día a día.

INFANTIL
Academia Pluralia Bm Linea 21 (40) Bm Ribadosar.Es (19)
Na mañá do domingo o equipo infantil recibía ao equipo veciño de Santiago co obxetivo de resarcirse da derrota na primeira fase e demostrar a melloría no xogo dende o comezo da tempada. O equipo saiu moi enchufado en defensa e coas ideas moi claras collendo unha ventaxa inicial amplia basada nunha gran defensa e cun ataque fluído dando sempre un pase máis ; chegando ao descanso co  resultado de 18-10. Na segunda parte os nosos infantís quizáis saíron cun exceso de relaxación debido a vantaxe ; recibindo 7 goles nos primeiros 12 minutos. Tras un tempo morto que serviu para aclarar as ideas , voltaron a amosar a súa mellor versión recibindo só 4 goles máis ata o final do encontro ; chegando a un resultado final de 40-19. 
Con esta victoria os nosos infantís seguen con pleno de victorias nesta segunda fase. Esa semana visitarán ao Balonmán Porriño ; conxunto que se encontra nos primeiros postos da clasificación e seguro que ambos conxuntos darán un gran espectáculo. 

ALEVÍN7
BM Linea 21 Restaurante Cho 6 - Garaysa Xiria 10
Encontro dos alevíns 7 marcado pola cantidade de nervios dos nosos xogadores.
Despois dun primeiro encontro no que sacamos un empate, o exceso de ansiedade e as precipitacións fixeron que os nosos rapaces nos demostraran o xogo ao que nos teñen acostumados.
Con este resultado quedamos clasificados entre os 4 primeiros de cara a seguinte fase.
Entrada de Instagram 17955598052283841 Entrada de Instagram 17955598052283841
CRÒNICAS XORNADA 25/26 Febreiro ALEVÍN7 BM Cull CRÒNICAS XORNADA 25/26 Febreiro

ALEVÍN7
BM Culleredo 4 - BM Linea 21 Restaurante Cho 11
O domingo os nosos alevíns visitaban o pavillón de Almeiras pa disputar o penúltimo encontro desta primeira fase.
Coma xa nos teñen acostumados a boa actuación tanto en defensa coma en ataque dificultaba moito o xogo do equipo cullerdense.
Esta semana recibimos ò Xiria no que sería o último encontro desta primeira fase.

SENIOR 
BM Bueu  32 -Bm linea 21 Lignum plus 26
O domingo pola tarde desplazamos aos senior a Bueu para a disputa das semifinais de Copa.
O encontro estivo predominado polos constantes erros tanto ofensivos coma defensivos.
O equipo non foi quen de aproveitar as numerosas superioridades numéricas ò longo do encontro.
Felicitar ao Bueu polo gran encontro realizado.
Esta semana recibimos ò Bueu no primeiro encontro da fase polo título, desexamos ver a mellor cara do noso equipo.
CRÒNICAS Xornada 25/26Febreiro INFANTIL Balonm CRÒNICAS Xornada 25/26Febreiro 

INFANTIL 
Balonmán Arousa (23) Academia Pluralia Bm Línea 21 (27)
Na mañá do domingo o equipo coruñés desplazábase a Arousa nunha saída a priori complicada na que os nosos infantiles necesitaban a victoria para seguir na cabeza da táboa clasificatoria . 
O Bm Línea 21 saliu ò partido moi centrado en labores defensivas fortes no 1vs1 e con interceptacións de gran mérito. No ataque durante a primera parte cabe destacar a un pletórico Miguel Álvarez 
no 1vs1 no que os defensores locais non eran capaz de frenar, obrigando o entrenador local a pedir tempo morto. 
Durante a segunda parte a tónica foi a mesma e a pesar de ter poucos cambios e un tramo de nervios o equipo de Mesoiro supo xogar con templanza e levar estes dous importantes dous puntos. 
Esta semana os nosos infantís reciben ao Balonmán Ribadosar con ganas de seguir demostrando o aprendido nós adestramentos e resarcirse da derrota contra o equipo de Santiago na primeira fase de liga. 

BENXAMÍN
Os nosos pequenos enfrontábanse contra o Bm Culleredo onde os nosos contrincantes mantiveron un nivel de xogo moi superior durante todo o encontro.
A pesar do 4-12, os nosos pequenos loitaron e deron a cara como solo eles saben amosando a cara mais loitadora qe tanto os caracteriza.
Toca seguir aprendendo e mellorando cousas nos adestramentos para seguir nesta linea.
Xa temos ao gañador do sorteo da tarxeta regalo d Xa temos ao gañador do sorteo da tarxeta regalo de 50€ do Corte Inglés pola venta de lotería de Nadal, celebrado este pasado sábado de Entroido, noraboa Roi!!!
CRÒNICA SENIOR BM linea 21 Lignum Plus 36- balon CRÒNICA SENIOR

BM linea 21 Lignum Plus 36- balonmán Camariñas 21
Con esta victoria rematamos a primera fase da liga coma líderes do noso grupo.
Polo que a clasificación da seguinte fase queda desta maneira.

1. Atletico Guardes 12 puntos
2. BM linea 21 Lignum Plus 9 puntos
3. BM Narón 9 puntos 
4. UB lavadores 8 puntos
5. BM loriga 6 puntos
6. Sanxenxo balonmán 4 puntos
7. Balonman Miño 0 puntos
8. Bueu 0 puntos 

O primeiro encontro da fase final comezará a fin de semana do 4-5 de marzo.

Mentres , esta fin de semana xogamos as semifinais de copa a un sò encontro na casa do Bueu. O encontro será o domingo ás 17:00.
CRÒNICA INFANTIL Academia Pluralia Bm Linea 21 CRÒNICA INFANTIL 

Academia Pluralia Bm Linea 21 (30) Somega Rasoeiro Bm (16)
Na mañá do sábado o equipo infantil recibía ó equipo do Grove  na segunda xornada desta segunda fase. Durante todo o encontro o equipo local mostrouse superior basando a diferencia final nunha gran defensa o que permitiu realizar un gran partido tanto a Adrián como Brais baixo a portería.
Nesta vindeira semana o equipo infantil desprázase a Arousa co obxetivo de realizar un gran encontro e intentar voltar cos dous puntos.
Entrada de Instagram 17876147444822098 Entrada de Instagram 17876147444822098
XORNADA 11/12 Febreiro XUVENIL Último partido da XORNADA 11/12 Febreiro

XUVENIL
Último partido da temporada, que nos enfrentaba ao líder, presentábase complicado polas baixas que arrastrabamos e a baixa de Victor e Miguel de última hora. En un partido sin transcendencia realizáronse probas de cara aos partidos de copa. Un gran partido de Xavi novamente en portería que a pesar do resultado realizou unha gran labor e acabou xogando uns minutos en ataque de premio por prestarse a ser porteiro todo o ano xa que non tiñamos. Moi bo partido de Adrián que tras todo o ano intentando e insistindo porfin se soltou. O resultado o de menos 17-35 finalizando sen ningún incovenciente que eso e o máis importante para nòs. Agora a preparar a copa. 

SENIOR
CP Lucense 25 - BM Linea 21 Lignum Plus 31
Última  saída desta primeira fase a terras lucenses.
O equipo senior desprazábase a Lugo ca clasificación asegurada para a seguinte fase.
O encontro non foi cómodo en ningún momento, malia a superioridade no xogo, a relaxación nos xogadores propiciaba diversos erros tanto en ataque coma na defensa.
Na segunda parte despois dunha arenga por parte do corpo técnico, os xogadores foron quen de amosar a súa mellor versión.
Esta próxima fin de semana recibimos ao Camariñas, encontro no que o equipo da costa da morte se xoga a clasificación.
CRÒNICAS XORNADA 11/12 Xaneiro

INFANTIL 
Librería Dalvi Lalín (15) Academia Pluralia Bm Linea 21 (26)
Na mañá do sábado o equipo infantil afrontaba con moita ilusión o comezo da segunda fase da liga ; neste caso enfrontábase ao equipo da comarca de Deza no Pabellón Municipal de Lalín. O comezo do partido foi bastante igualado no que non había un claro dominador do encontro. A partir do minuto 10 da primeira parte o noso equipo infantil foi capaz tanto de asentar a súa defensa 6:0 como tanto 5:1 o que fixo que empezara a distanciarse no marcador ; obrigando o conxunto local tempo morto. Tras isto o Bm Lalín subiu a defensa , pero o conxunto coruñés foi capaz de superalo sin complicacións chegando ao descanso con ventaxa cun marcador de 7-17. 
Na segunda parte o encontro foi moi igualado alternando tanto parciais positivos para ambos conxuntos ; chegando a un resultado final de 15-26. 
Para a vindeira semana o equipo infantil recibe en Novo Mesoiro ao Somega Rasoeiro Bm no que pretenderá seguir coa mesma dinámica de xogo e seguir progresando. 

BENXAMÍN 
BM Línea 21 Reformas Coruña 4-12 BM Abegondo
Partido moi complicado o desta pasada fin de semana que nos enfrontaba contra os actuais líderes da liga. Unha gran superioridade ofensiva permitiu ao equipo rival manter o control do encontro durante os catro cuartos do mesmo. Os nosos non puideron sobrepoñerse a un primer cuarto no que o Abegondo chegou a poñerse a dez goles de vantaxe. 
Pese á dureza do resultado, sempre é importante aprender do acontecido e saber que aínda queda moito marxe de mellora. 

ALEVÍN 
Pontedeume 10-6 BM Línea 21
Este sábado os alevíns 5 enfrontáronse ao Pontedeume nun partido moi intenso no que os rapaces deron o mellor deles. Aínda que non foron capaces de alcanzar a victoria os rapaces esforzáronse e demostraron o moito que melloraron.
Xornada de esquí da que gozaron os nosos xogadore Xornada de esquí da que gozaron os nosos xogadores senior e corpo técnico despois da victoria onte contra o Lucense
Cargar más... Síguenos en Instagram

Ubicacion Pabellon

Haz clic para abrir un mapa más grande

Listo para widgets

¡Esta columna izquierda está preparada para widgets! Añade uno en el panel de administración.

Listo para widgets

¡Esta columna centrada está preparada para widgets! Añade una en el panel de administración.

Listo para widgets

¡La columna derecha está preparada para widgets! Añade uno en el panel de administración.

Tema de deportes gratuito para WordPress Sporty Funciona con WordPress