CRÓNICA INFANTIL

Academia Pluralia Bm Línea 21 (25) – Seis do Nadal Coia B (11)
Na mañá domingo os nosos infantís recibían ao equipo de Vigo co obxetivo de conseguir os dous puntos e seguir ó fronte da clasificación. O conxunto local amosouse superior en todo momento cunha gran actuación de Brais basada nunha defensa sólida. Sin embargo o ataque non foi todo o fluído como no resto de partidos ao non saber impor un ritmo propio e adaptarse en exceso a un ritmo demasiado lento por parte dos de Coia.
Con estes dous puntos os nosos infantís seguen na zona noble da clasificación . Para a vindeira semana visitan ao Colegio Liceo La Paz nun encontro que se espera que se moi reñido e que se decanto por un dos conxuntos en pequenos detalles como foi o encontro da primeira fase.

#linea21#somosl21#novomesoiro

CRÓNICA ALEVÍN

BM Culleredo Ascor Consulting 12 – BM linea 21 Restaurante Cho 4
Na mañá do domingo os nosos alevíns visitaban o pavillón de Almeiras para enfrontarse a un dos mellores equipos da categoría, aínda que non foron quen de conseguir empatar nin gañar ningún cuarto, estiveron loitando en cada un deles, obrigando ao equipo local a dar o mellor de sí para sacar o encontro adiante.
Un orgullo a mellora, o traballo e o compromiso destes brillantes rapaces.

#linea21#somosl21#novomesoiro

CRÓNICA BENXAMÍN

O sábado os nosos pequenos enfrontábanse a unha xornada con dous partidos que nos poñían como contrarios a dous equipos do Arteixo.
O primero partido rematou nun 5-11, un partido no que os nosos tiveron unha floxera en defensa e os nosos contrarios foron quen de aproveitar saíndo eles vitoriosos.
O segundo partido da xornada presentòusenos moito máis doado, onde os nosos se viñeron arriba na maioría de acciòns de xogo, facendo que o resultado fose igual que o anterior pero ao noso favor.

#linea21#somosl21#novomesoiro

CRÓNICA XUVENIL

Rivadavia 35 – linea21 25.
Con un bo equipo, os primeros minutos atragantóusenos a defensa 6-0 e non metimos o primeiro gol ata o minuto 5, e apartires dese momento xa fomos a remolque no marcador. Desaxustes na defensa no primeiro tempo fixo que se desplegara no marcador. O segundo tempo mellorouse moito en defensa con axudas e intensidade acercámonis no marcador, camdo o equipo rival cambiou a defensa a 5-1 un pouco máis aberta deixando espazos para os nosos xogadores, ainda así tras varios erros nos últimos minutos despegárose definitivamente. Gran traballo en defensa neste segundo tempo pero aínda así non conseguimos achegarnos.

#linea21#somosl21#novomesoiro

CRÓNICA INFANTIL

Balonmán Porriño (27) Academia Pluralia Bm Línea 21 (31).
Na tarde do sábado o noso equipo infantil visitaba ao Balonmán Porriño nun partido que se antoxaba moi reñido e competitivo.
Os nosos entraron o partido con algunha dúbida añadido a que o porteiro local comezou moi acertado dixo que tomaran as primeiras ventaxas no marcador. Tras un tempo morto os nosos infantiles saíron cun extra de intensidade dándolle a volta o marcador chegando ao descanso cun resultado de 13-16. Na segunda parte o encontro seguiu coas mesma dinámica o que permitiu os nosos infantiles a irse no marcador ata os sete goles ; o equipo porriñés subiu a defensa a un 3:3 moi presionante o que fixo que se acercaran ao marcador ata o pitido final cun resultado de 27-31. Esta semana recibimos ao Seis do Nadal – Coia B no que os nosos infantís queren seguir co pleno de victorias.INFANTIL
Balonmán Porriño (27) Academia Pluralia Bm Línea 21 (31).
Na tarde do sábado o noso equipo infantil visitaba ao Balonmán Porriño nun partido que se antoxaba moi reñido e competitivo.
Os nosos entraron o partido con algunha dúbida añadido a que o porteiro local comezou moi acertado dixo que tomaran as primeiras ventaxas no marcador. Tras un tempo morto os nosos infantiles saíron cun extra de intensidade dándolle a volta o marcador chegando ao descanso cun resultado de 13-16. Na segunda parte o encontro seguiu coas mesma dinámica o que permitiu os nosos infantiles a irse no marcador ata os sete goles ; o equipo porriñés subiu a defensa a un 3:3 moi presionante o que fixo que se acercaran ao marcador ata o pitido final cun resultado de 27-31. Esta semana recibimos ao Seis do Nadal – Coia B no que os nosos infantís queren seguir co pleno de victorias.

#linea21#somosl21#novomesoiro