QUERO XOGAR AO BALONMAN NO L21 2024/2025

Se tes menos de 18 anos cubre este formulario QUERO XOGAR NO L21

Se tes 18 anos ou mais cubre este QUERO XOGAR NO L21

Se queres participar nas actividades extraescolares do teu colexio, Busca nesta web a pestaña ANPA, cubre o formularío do teu colexio.

PARA CALQUER DUBIDA MANDANOS UN WhatsApp 613049121

FINAL TEMPORADA 23/24

Poñemos fin a unha tempada de moitos logros. O equipo senior logrando o ansiado ascenso, e campións de copa. Un equipo cadete que ante as dificultades conseguiron acabar xogando moito mellor e acabando a un gran nivel. O equipo infantil ouro clasificándose para a final four donde non se puido pasar o campionato de España,pero fixeron unha tempada moi boa ao igual que os infantiles prata que obtiveron resultados que nin eles esperaban e axudando ao equipo cadete ambos en moitos partidos. O equipo alevín 7 realizou moi bos encontros sendo moitos a primeira vez que xogaban a todo campo e mellorando notablemente. Ao igual que alevín 5 loitando todos os encontros, e para o ano terán ese cambio a todo campo.O equipo Benxamín empezaron con poucos nenos e acabaron xuntando a 12 para a disputa dos encontros, gañando moitos deles, e con rapaces que acababan de comezar. E as nosas nenas alevíns, as guerreiras que formaron o primeiro equipo feminino, e que de seguro nos van dar moitos éxitos ao longo da súa carreira no clube. Un clube que segue medrando en número de fichas, número de nen@s nos colexios, e esperemos seguir facendoo aumentando esta familia que cada vez é máis grande.
Gracias a todos os patrocinadores que colaboran para que esto siga sendo posible, e a esa xente que na sombra axuda a que o club e siga funcionando, dende os adestradores (Pablo,Laura, Zas,Alex,Abel e Toño) pasando por Ricardo como fotógrafo que inmortaliza cada momento de todos os nenos, Maria coas RRSS , Eva,Elisa, Roberto ao igual que algunha nai ou pai que sempre nos votan unha man en todo momento, e como non gracias tamén ao noso querido presidente Alberto.
Vémonos na seguinte tempada que virá cargada de moitas mellorías e éxitos para o clube!

CRÓNICAS PARTIDOS 20-21/4


SENIOR
Encontro frente Arteixo, que foi controlado todo o tempo, a pesares dos erros defensivos que tivemos e algún fallo claro en ataque de lanzamentos conseguimos a victoria 25-35.Esta fin de semana xogamos o ultimo encontro da liga na nosa casa frente o Seis do Nadal. E a ultima salida a Orense frente o Miño. Logo toca preparar a Final de Copa que xogamos novamente contra Miño o finde do 25-26 a espera de conocer a sede.

ALEVIN 7
Partido dos nosos nenos en alevín 7 contra o Bm Culleredo Cedeira Oton onde os nosos conseguiron levar a dianteira durante todo o encontro. O partido iniciou cunha moi boa intensidade por parte dos xogadores, sin embargo houbo algúns erros que os nosos nenos pudieron rectificar rápidamente gañando así os catro cuartos.