Estamos moi orgullosos de anunciarvos que o noso xogador do BmLínea 21 Transgalo Derek Ortiz Delgado está convocado para as próximas xornadas de tecnificación da xeración 2009-2010 da R.F.E.B.M no centro de alto rendemento en Sierra Nevada-Granada, do 19 o 26 de Febreiro da man de Jordi Ribera, seleccionador nacional absoluto e Director Técnico da Área.
CRÓNICAS XORNADA 20/21 XANEIRO
SENIOR
Desprazamento a Coia para enfrentarnos ao Seis do Nadal.Encontro no que fomos separándonos no marcador pouco a pouco, disputando todos os xogadores minutos no encontro, e no que estiveron os 60 minutos a un bo nivel tanto de seriedade como de continuidade. Vitoria 23-40, seguimos a 2 puntos do segundo e mantendo o liderato.
CADETE
BM linea21 TRANSGALO 30 – BM Culleredo Nosolomadera 32
Derrota na última xornada da primeira volta. O mal inicio do encontro lastrou todo o descurrir deste. Despois de sacar 4 goles ao inicio non fomos quen de recortar esa distancia ata o final.
INFANTIL ORO
BM Culleredo Galaico caravaning 41 – BM Linea21 Reformas Coruña 30
Os cadetes sufriron unha derrota ante un Culleredo moi superior. Aínda así os rapaces foron quen de non deixar de loitar e acadaron un bo resultado na segunda parte, perdendo solo de 1 a segunda parte.
INFANTIL PRATA
BM Culleredo Óptica Gallaecia 39 – BM Linea21 academia pluralia 35
Derrota por 4 goles na xornada de Liga Prata. Os nosos rapaces non lle perderon a cara ao encontro, a pesar da Baixa de Aitor no min 5, loitaron cada balón do partido.
SORTEO RIFAS
O sorteo das rifas feito o día 12/01/2024 cunha tarxeta regalo do corte ingles
O número que saíu é o * 4117 *
Podedes reclamar o premio no correo do clube
bmlinea21@gmail.com
CRÓNICAS XORNADA 13/14 XANÉIRO
Senior
Partido clave frente ao Arteixo, a falta de 2 xornadas para acabar a 1ª volta conseguindo a vitoria e manténdonos no alto da clasificación. Inicio con indecisiòns e pérdidas de balòn e desaxustes defensivos. Fomos mellorando a defensa e axustando os erros indo ao descanso con unha ventaxa no marcador. Na 2ª parte supemos manter a distancia a pesar de que recortaron no marcador e metemos un arreòn final para acabar 27-21.
Cadete
Partido contra Lalin, 1º da segunda volta, 1ª parte moi boa demostrando un nivel moi alto e xogando un partido moi serio que nos distanciaron no marcador 2ª parte todo o contrario, tivemos moitos erros e nos recortaron distancias que despois xa non supemos remontar. Derrota (28-33)na que a pesar diso demostraron que poden xogar contra quen queiran.
Infantil Oro
Librería Salvi BM Lalín 35 – Linea 21 Transgalo 30 O domingo os infantís de liga ouro desprazáronse a Lalín para retomar a competición despois do parón. Un encontro a priori interesante xa que xogábamos segundo contra o terceiro de liga, pero os nosos rapaces non foron quen de saír centrados o encontro, eso sumado a gran intensidade que mostrou o Lalín fixo que se foran rápidamente no marcador. Os problemas defensivos e a falta de chispa da primeira parte sentenciou o encontro. Na segunda metade o equipo foi máis parecido o que estamos acostumados, correndo, defendendo e loitando cada balón, esto fixo que o marcador se acortase pero sen baixar nunca dos 3 goles de diferenza.
Noraboa o Balonmán Lalín pola Victoria!
Alevín 7
Despois do parón, os nosos conseguiron a vitoria. O encontro comenzou cun primeiro cuarto con erros tanto no ataque coma na defensa que propiciaron o empate pero despois do descanso e duns axustes os nosos xogadores conseguiron sair coma os gañadores dos seguintes tres cuartos.
Alevín 5
Restaurante Abuin Arteixo 11-6 Linea 21 autos pallas. A volta do Nadal amosouse un tanto complicada para os nosos rapaces nun encontro no que a superioridade técnica e física nolo puxo moi difícil. Non obstante, o espírito loitador dos nosos fixo que conseguise un cuarto ao noso favor e que as diferenzas no marcador non fosen moi elevadas. Marchamos con moi bo sabor de boca por aplicar o traballado nos entrenos.
Alevín 5
Enfrontamento contra o Oar, partido no que demostraron unha vez máis o gran equipo que están formando, xogando un partido moi bo plantando cara en cada cuarto. Tiveron unha melloria enorme, dunhas nenas que empezaron fai uns meses e que nos darán moitos momentos de alegria.
Benxamín
Retomaron a actividade os máis pequenos o sábado contra o Liceo la Paz. Un equipo que comezou o partido forte e con máis experiencia no campo que os nosos, aínda así loitaron a victoria durante os catro cuartos. Non puido ser, pero seguiremos aprendendo cada día!
Camisetas
El equipo Línea 21 de la mano de la Asociación de Vecinos de Vecinos de Novo Mesoiro ya tiene a la venta las camisetas que much@s esperábamos.
Esta camiseta lleva el apoyo de gran parte de nuestros comercios, y para nosotros es un gran valor para apoyar al @bmlinea21 y a la @avnovomesoiro
CESA 2024
Derek Ortiz, integrante do noso equipo infantil de liga ouro, representará a Galicia no próximo Campionato de España de seleccións autonómicas que se disputará do 2 ao 7 de Xaneiro en Cataluña ❕
Dende toda a familia do BMLínea21 lle desexamos a maior das sortes tanto a el coma ao resto de convocados galegos.
Presentación Selección Galega
Noso infantil Derek na presentación da selección galega