

INSCRIPCION 2022 / 2023
Si tes menos de 18 anos cubre este formulario QUERO XOGAR NO L21
Si tes 18 anos ou mais cubre este QUERO XOGAR NO L21
Envianos un WhatsApp al 613049121
Paxina web oficial
INSCRIPCION 2022 / 2023
Si tes menos de 18 anos cubre este formulario QUERO XOGAR NO L21
Si tes 18 anos ou mais cubre este QUERO XOGAR NO L21
Envianos un WhatsApp al 613049121
Chegou a xornada máis importante de toda a tempada! Esta fin de semana xògase a praza polo ascenso na Final 4, a por todas rapaces! Confiamos en todos vòs!
Animámosvos a todos e todas a vivilo en directo e animar a todo o equipo do Línea21 no pavillòn de Lalín.
Vamos Línea21!!!
Esta fin de semama os nosos pequenos do Linea 21 Reformas Coruña enfrontábanse ao Bm Gas Abegondo. O partido rematou nun 9-7 para os nosos, aínda que non nos acabamos de amoldar á forma de xogo dos nosos rivais.
O primeiro e o terceiro cuarto resultaron un respiro para os nosos, pois foron os que nos axudaron a vencer. O segundo rematou en empate e o último, onde cansanzo e fatiga fixeron mella, rematou en victoria para os nosos rivais.
Esta fin de seman tivemos un doble enfrontamento ante o Sanxenxo Balonmán.
Ambos encontros acabaron coa victoria para os nosos.
O sábado en Sanxenxo os senior demostraron todo o potencial ofensivo, facendo imposible que a defensa do equipo local fóra quen de parar as rápidas contras.
O domingo na casa o encontro transcurriu con outro guión. Axustes defensivos do equipo de Sanxenxo dificultou moito máis o xogo.
4 puntos vitales para seguir na loita polo ansiado ascenso
Este fin de semana a xornada para os nosos pequenos viña chea de balonmán despois de volver das vacaciòns.
O venres, a @fedgalegabm organizou un torneo de 5×5, ao que non iamos faltar. Non tivemos moita sorte, xa que os equipos de Culleredo amosáronse moi cómodos en ambos os dous encontros xogados.
Ao dia sefuinte, a xornada no pavillòn de Tarrío enfrontábanos ao Arteixo feminino no que o noso equipo se mantivo moi seguro durante o encontro, rematando así nun 4-12 para o Línea21. O seguinte e último partido da fin de semana, enfrontábanos contra o Tirso de Molina, onde os nosos rapaces deron a cara como saben, aínda que o partido non rematou como nos gustaría a pesar de dalo todo na pista. Rematamos con un 4-12 no marcador, saíndo o rival vencedor por moi pouca diferenza de goles en cada cuarto.