Torneo Viveiro 31 de Mayo, 01 y 02 de Junio

Larga viaxe dos nosos xogadores benxamins, alevins, infantís masculino e feminino que iban a compartir unha estancia maravillosa no torneo de Viveiro.
A categoría de benxamins demostraba a súa boa maneira de defender, os alevins que foron moi xustos derono todo en cada partido, os infantís demostraron que contra equipos do seu nivel poden loitar contra quen sea, e as nosas leonas demostraron que houbo moitas melloría en todos os aspectos.
Moi bo ambiente cos equipos asturianos que fixeron boas amistades no BM linea 21.

La imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es 61598695_828710754171130_706077685566144512_o-1.jpg


O tempo acompañou e poidemos disfrutar de momentos de chapuzón nas augas marinas de Viveiro.
A organización do torneo foi exemplar, os nosos acompañantes e organizadora foron de 10,  tuvemos a honra de ter pais/nais que estiveron con nós en cada momento.
Saída nocturna na noite do sábado para desconectar e aproveitar as vistas nocturnas do lugar. 
En fin!!! Non faltou nin balonmán, nin compañeirismo, nin convivencia para tod@s @s que fomos.
Conto recalcar un gran xesto de fair-play do equipo femenino do lucus que nun partido fixeron que a grada aplaudira o acto de devolución de posesión do balón debido a un pequeno mal entendemento arbitral, ainda que o fixeran moi ben en todos os partidos.
Envento a repetir

Partidos 04 de Mayo

Partido de fin de tempada trasladado a un pabellón diferente. 
O sagrada familia non axudou a poder ganarlle ás nosas bestias vermellas aínda que comezaba o marcador en positivo para nós, pouco a pouco os do Lucus se apoderaron do marcador.
Na segunda metade parecía que queríamos volver a poñernos por diante pero os fallos nosos ou os acertos do gardameta contrario facía que isto non fora posible.
Temos moito balonmán nas mans pero a falta de algún xogador con veteran ía nalgún momento do encontro houberon feito que tanto este coma moitos partidos sairán positivo para nós.
Hay que seguir a diante con este proxecto.
As raíces deste clube son moi boas e eu persoalmente penso que os frutos virán.
Final do encontro 24-31 para os lucenses que souberon refacer equipo despois de un comenzo de campeonato que empezou como acabou o noso.
Aupa Línea, aupa 21.
Isto no acabou, isto
só é o principio de algo grandeeee!!!

Partidos 27 de Abril

Penúltimo partido de campeonato para os nosos senior do Bm Linea21 que viaxaban a Poio para enfrontarse contra un equipo vencedor da categoría e polo seguinte, equipo que xogará a próxima tempada na 1°autonómica.
Comenzaba o partido para os nosos con uns ataques finalizados en gol e unha defensa moi metida no encontro dado que sacábamos 4 goles de diferencia nos primeiros minutos, cousa que desgrazadamente non nos durou moito tempo. Os fallos nas contras nos cara a cara co garda meta local facían que o equipo rival non daba respiro a nosa plantilla. 
Perdidas de balóns en ataque e recuperacións de parte dos anfitrións facían que nos viñan as contras directas ou incluso de varias oleadas.
Un marcador que na primeira metade impuña unha superioridade de efectividade nos xogadores de Poio.
Xa na segunda parte os nosos xogadores demostraron que tiñan potencial para enfrontarse a moitos equipos. Con mediacións de movementos ofensivos, con cruces, desdobles e varias combinacións de ataque fixeron un balonmán moi respectuoso e poideron cambiar de actitude e demostraron que si queren poden.
Un dúo arbitral que teño que recoñecer que saben de este deporte e teño que felicitar o seu arbitraxe.
Moi poucos partidos tuvemos uns colexiados así está tempada cousa que botamos moito de menos nalgúns partidos.
Cando se quere se pode!!!
Aupa Línea e a por unha victoria para o próximo finde

Partidos 14 de Abril


Muy buena jornada hoy de los más pequeños, da gusto verlos disfrutar y jugar con su inocencia!! Muchas gracias al Balonman Culleredo por hacer posible esta jornada!!!

O domingo os nosos infantís visitaban ao BM Narón.
Os dous conxuntos na parte baixa da clasificación desta segunda fase que é para poder ir xogar a fase final contra aos dous equipos mais fortes da zona sur.
O partido comezaba con moitos erros defensivos que batía a noso garda meta en varias ocasións ata chegar a ter unha ventaxa de 10 goles ata que se tuvo que reaxustar a defensa.
Os nosos lanzamentos de cara gol tampouco fructeaban moito e o equipo se vía impotente para frenar os lanzamentos exteriores de xogadores de moita envergadura.
Porén, na segunda metade os nosos gladiadores se viñan arriba xogando un balonmán moito máis eficaz que o do principio. «Robos» de balons en defensa, paradas do noso novo garda meta é salidas a contra facían que os de Narón desconfiaran de que si o resultado iba pertenecer ao seu favor ata o final do encontro, pero a nosa falta de xogadores facía que o Narón se volvera a facer cargo da situación levando o partido a seu lado. Final do encontro 28-19 xogando con  alevins que darán moito que falar nas próximas tempadas e recalcar o gran esforzo dos infantís que só puideron vir 5 debido ás saídas de semana santa.
A unión fai a forza e nadie é máis que nadie!!!
Todos estamos aprendendo e necesitamos ser un equipo!!!

Enlace a los Partidos:     Infantiles         1º Prebenjamin        2º Prebenjamin

Partidos 06 deAbril


Despois de sufrir adversidades en Chapela a semana pasada, esta finde nos medíamos a un BM Bueu que veo con un equipo moi xusto de continxente.
Os nosos empezaban partido con unhas ganas arrolladoras,  estando no minuto 6 a 7-2, pero deseguido o os bueuenses igualaban o marcador e así estabamos ata a media parte do encontro.
Na segunda metade alonxabámonos no marcador, por dúas  ocasións, ata de 4 goles pero o tempo morto pedido polo equipo rival facían que se volvían a clamar as augas do noso lado.
Tivemos unha evolución na segunda parte de cara a gol, pero contraataques e varios, uns contra uns, fallados de cara ao porteiro rival facía que o equipo rival nos igualaba a goles ata os últimos segundos, e aínda, noutra última ocasión nosa o garda meta lles salvaba ao equipo visitante.
Final 28-28, un punto que nos deixa polo menos por arriba do noso rival do Lucus que pudo ser un dos equipos que nos encarrilou nun resultados negativos.
A seguir traballando para que o proxecto se poda realizar ao menos para a vindeira tempada.

Despois de haber xogado o fin de semana pasado contra o BM Abegondo (1° clasificado) e perdendo por unha diferencia de goles enorme, esta finde nos tocou enfrontarnos a un BM Lucus (2° clasificado) moi cambiado, seguramente disputarán os dous equipos a fase contra os dous mellores equipos da parte sur.
Desexamoslle sorte aos 2 equipos aínda que non está todo dito dado que falta 1 partido por xogar.

Con 7, 7 metros en contra e 4 expulsións de 2 minutos tamén en contra. 
Nós non tivemos a sorte de ter algo ao noso favor.
Os nosos guerreiros sufriron moito para poder intentar aguantar un marcador desigual. 
Retomemos conciencia nas arbitraxes, os nenos non deben de entrar no medio de posibles conflictos entre cousas pasadas.
Eles só queren disfrutar deste deporte, pero que haxa arbitros con criterios equitativos porfavor.

Antes do partido de Senior enfrentaronse un combinado de fillos contra Pais, un partido donde todos disfrutaron, xa están pensando en repetir a experiencia.

Enlace a los Partidos:     Pais & Fillos       Prebenjamin Azúl       Prebenjamin Blanco

Partidos 23 de Marzo

Partidos cada vez máis difíciles para os nosos infantís.
Enfrontabanse a un coñecido BM Arteixo que non dubidou en espoñer todo o seu potencial dende un principio.
Os nosos guerreiros demostran moi bo futuro neste deporte porén as dificultades do primeiro ano nesta categoría da 2°fase fai que vemos un nivel superior nos tantos equipos con infantís de 2°ano.
Temos que tomalo coma un momento de transición e non desperarnos, os frutos van a vir e os nosos gladiadores demostrarán todo o seu potencial de cara a vindeira tempada.
Final do encontro 22-37 para os visitantes que no final aproveitaron a poñer aos futuros xogadores desta categoría de cara ao ano próximo. 

A tarde comenzou con un partido entre as nosas infantis e un combinado senior formado por moitas das nais do clube.

Todas saliron da pista con moitoas ganas de volver a repetir a experiencia

Partido dos senior desta finde contra os nosos veciños pontedeumeses
O encontro comezaba con un rotundo 3-0 nos primeiros minutos ao noso favor, pero a lesión fortuita do noso pivote fixo que nos viñeramos abaixo de tal forma que recibimos un parcial de 0-7 en 5 minutos.
As distancias cada vez aumentaban máis no marcador e os nosos xogadores  non reaccionaban a tales ataques rápidos dos de Pontedeume que viñan con todo o seu arsenal para non desprenderse do 3° posto da clasificación.
A falta de efectivo e de adestramentos nos está a pasar factura e posiblemente xeren tomas de decisións de cara a recta final do campionato. 
Se non se prenden ben os eslabón nunha cadea posiblemente esa rompa por algún sitio. Este equipo, e clube, lle queda moito que falar sobre as pistas. Aquí non se tiran as toallas coma nos rings.
As lineas comezan por un principio e acaban por outro e esta seguirá alargándose estea o non estea a tinta do bolígrafo.
A seguir remando a contra corrente!!!


Enlace a los Partidos:      Nais & Fillas       Infantiles

Partidos 16 de Marzo

Os Alevins xogaron o sábado no Pabellón de San Francisco Xavier mentres que os mais pequerechos xogaron o Domingo pola mañan en Abegondo onde disfrutaron e fixeron disfutar a todos os presentes nas gradas.

Os nosos infantís desplazabanse a Carballo para xogar o 3° encontro contra o BM Xiria.
Na primeira metade do encontro os aires olían a vitoria porén uns desacertos en ataque debido á boa actuación do grada meta local facía que os nosos xogadores se viñan abaixo e non se vían capaces de remontar o marcador.
Unha defensa moi activa na primeira parte que demostrou  melloría en varios postos.
17-16 resultado para os locais a metade do encontro e 41-31 ao final.
Unha 2° fase que nos trasmite novas sensacións non obtidas nun principio e donde os nosos guerreiro aprenderan diferentes maneiras de xogos defensivos e ofensivos de cara a vindeira tempada.

Desprazamento e madrugón dominical para os nosos senior que visitaban aos de Moaña para intentar  conquistar dous postos na clasificatoria.
O partido comezaba con un moi bo aspecto  para os nosos pero a falta de ritmo e de adestramento nos facían pasar a un marcador negativo de 2 goles en contra debido a precipitacións en ataque non finalizadas en goles para os nosos, pero sí en goles para os de Moaña.
Un grave golpe recibido nunha rodilla a un xogador noso fixo que houbo que cambiar a alineación de principio da 2° parte, demasiadas pérdidas de balóns facían numerosas contras dos anfitrións, e canto máis avanzaba o partido máis se nos facía remar a contra corrente ata que nun momento conseguimos  poñernos a 5 goles e polo menos demostrar que a veces somos un equipo con carácter e paixón por este deporte. 
O final do partido acabou con un resultado bastante inxusto para nós con 36-28 para Moaña.
Debemos retomar conciencia para a próxima tempada se queremos agradar o proxecto comezado por esta directiva e corpo técnico.
Forza Linea 21!!!
As «conquistas» non se gañaron coas primeiras andaduras, senón con esforzo, sacrificio, sufrimento e moito traballo, senón isto sería demasiado fácil e perdería todo o seu mérito.
Sigamos remando!!!

Enlace a los Partidos:    Infantiles